Información
A Coruña

A Ponte Alvar absorverá mais de 112.038 euros públicos nas obras de reparación

Información
14 Marzo 2019 120 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación licita por 112.038 euros as obras de reparación da ponte Albar

A Deputación da Coruña investirá 112.038 euros nas obras de reparación da ponte Albar, que conecta os municipios de Trazo e Santiago de Compostela. As obras veñen de saír a licitación na Plataforma de Contratación do Estado.

 

A ponte, localizada no punto quilométrico 16+000 da estrada provincial DP 7804, sitúase sobre o río Tambre, actuando como límite físico entre os concellos de Santiago de Compostela e Trazo. A ambas as marxes atópanse as parroquias de Santa María de Xavestre (Trazo) e San Xoán de Fecha (Compostela).

Trátase dun ben incluído no catálogo de bens culturais de ambos municipios e no inventario de pontes históricas de Galicia. A ponte conta con séculos de historia e aínda que a súa orixe segue sendo unha incógnita, hai numerosas referencias que a sitúan na Idade Media, cunha importancia notable, pois tratábase dunha das vías principais de conexión da cidade de Santiago cos portos do norte de Galicia e unha zona de paso do Camiño.

A ponte presenta actualmente diversos danos nos tallamares, onde se aprecia a falta de material granítico provocada polo impacto de material de arrastre durante as fortes riadas que portan consigo ramas de árbores caídas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600