Información
A Coruña

González Formoso compite coa Xunta de Galicia é seu ente ADSCRITO AMTEGA e RETGAL para a transformación dixital xustificando así dispendio de cartos públicos

Información
02 Febrero 2019 141 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

González Formoso presenta o novo programa da Deputación para acelerar a transformación dixital nos pequenos concellos da provinciaO presidente da Deputación destaca "carácter pioneiro" do programa, que ten como obxectivo "implantar a administración local 100% electrónica nos concellos coruñeses" en 2019 e conseguir que a provincia sexa un referente neste ámbito. Amtega destina el 70% de su presupuesto de 2019 a inversiones para consolidar los avances de la Agenda Digital de Galicia ...+  La Xunta de Galicia que hará posible una inversión de 3,5 millones...

Cun investimento de 693.000 euros, o programa PEL- Concello Dixital contratará a técnicos especialistas que darán soporte, formarán ao persoal municipal e acelerarán a implantación da e-administración nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes, competindo así directamente con a Xunta de Galicia a seus órganos dixitales

 

O equipo contará con expertos en aspectos coma contratación electrónica e procedemento administrativo , xestión documental e de arquivos, protección de datos ou tecnoloxías de comunicación, que realizarán o seu traballo nos concellos da provincia, formando ao persoal municipal, asesorando e favorecendo a implantación da Administración Dixital

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, anunciou hoxe a posta en marcha do novo programa PEL-Concello Dixital, co que o goberno provincial pretende impulsar a transformación dixital dos concellos coruñeses en 2019.

O presidente explicou que a Deputación vén de aprobar a inclusión no Plan de Emprego Local (PEL) dunha nova liña denominada PEL-Concello Dixital, cun orzamento de 693.209 euros, que permitirá a contratación de técnicos especialistas que darán soporte in situ e acelerarán a implantación da e-administración nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes.

Segundo explicou Valentín González Formoso, a través desta iniciativa a Deputación da Coruña "crea emprego, axuda a mellorar a formación e cualificación do persoal da administración local e dá resposta a unha demanda existente nos concellos nun campo que está en constante evolución", cumprindo ademais as responsabilidades que a Lei de Racionalización e Sostibilidade Local (LRSAL) atribúe ás deputacións no proceso de impulsar a transformación da administración electrónica a nivel local.

Promover a innovación nos servizos públicos municipais

"Dende a Deputación queremos promover a innovación e a mellora na calidade dos servizos públicos dos concellos coruñeses, fomentando ao mesmo tempo unha maior transparencia, comodidade e accesibilidade da cidadanía nas súas relacións diarias coa administración", afirmou González Formoso, que destacou o "carácter pioneiro" e "estratéxico" deste programa, que ten como obxectivo "actuar como catalizador da transición cara unha administración local 100% electrónica" e "conseguir que a provincia da Coruña sexa un referente e un exemplo de boas prácticas neste ámbito"

A Deputación Provincial da Coruña conta cunha dilatada traxectoria no campo de provisión de tecnoloxía, soporte e servizos TIC aos municipios coruñeses que a converten no principal referente tecnolóxico para os concellos da provincia. Ao longo dos últimos anos, o goberno provincial veu desenvolvendo distintos proxectos de modernización e dixitalización da administración provincial, así como de implantación de novas tecnoloxías nos concellos, singularmente nos máis pequenos, con menor capacidade técnica e económica para adaptarse á dixitalización.

Transición cara unha administración local 100% electrónica

Para a implantación do programa PEL-Concello Dixital, o servizo de Informática e Administración Electrónica da Deputación contará coa colaboración técnica da consultora tecnolóxica Everis, que vén de gañar a licitación pública para a coordinación do programa e que conta cunha dilatada experiencia neste ámbito, tanto no sector público coma no empresarial.

O programa suporá a contratación dun xefe de proxecto, dous coordinadores e un mínimo de 9 axentes altamente cualificados (titulados universitarios con máis de dous anos de experiencia no desenvolvemento de proxectos de formación e transformación dixital na administración).

Equipo multidisciplinar de expertos e plan de formación

O equipo contará con expertos en aspectos coma contratación electrónica e procedemento administrativo , xestión documental e de arquivos, protección de datos, ciberseguridade ou tecnoloxías de comunicación , que realizarán o seu traballo nos concellos da provincia, formando ao persoal municipal, asesorando e favorecendo a implantación da Administración Dixital nestes e outros ámbitos (tanto os desenvolvidos directamente pola Deputación como os xestionados pola Xunta de Galicia ou pola Administración do Estado), así como nos asociados á implantación da tramitación electrónica de expedientes TEDeC e outras plataformas integradas (SIR, Notifica. gal, sedes electrónicas municipais, plataformas autonómicas e estatais, etc.), garantindo os dereitos dos cidadáns para relacionarse por medios electrónicos coa Administración, e promovendo a transparencia.

O plan de formación que inclúe o programa pretende chegar a máis de 600 empregados públicos da provincia no prazo de un ano, a maior parte persoal administrativo, pero tamén secretarios, tesoureiros, interventores e responsables de Informática dos concellos da provincia.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...