Información
A Coruña

Aprobado por unanimidade o convenio para a posta en marcha do proxecto comarcal Río Anllóns

Información
29 Enero 2019 154 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O pleno ordinario celebrouse este luns 28

O pleno ordinario celebrouse este luns 28

A corporación municipal aprobou no pleno ordinario de xaneiro, por unanimidade, o convenio polo que se establecen as bases de cooperación entre a Deputación da Coruña e os sete concellos de Bergantiños para o desenvolvemento do proxecto Río Anllóns, que ten como obxectivo a posta en valor da arquitectura tradicional e da paisaxe da canle que articula a comarca. Os representantes do Concello de Carballo no futuro Consello de Dirección serán o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira.

 

Con este acordo, que deberán adoptar tamén o resto dos concellos, articúlase un espazo virtual de cooperación municipal, fomentado e apoiado pola Deputación, para facer posible a xestión compartida do proxecto. Esta entidade virtual non terá orzamento nin medios propios, senón que establecerá as condicións para a xestión conxunta. O convenio terá unha vixencia de 4 anos, prorrogables por outros catro como máximo.

No pleno, celebrado este luns 28, tamén foi aprobado o convenio tipo para a delegación na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e o desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e as prazas de auxiliares de policía. O Concello de Carballo xa tiña delegados os procesos correspondentes a axentes de policía, pero con este novo acordo amplíase a delegación aos auxiliares e ao resto das categorías que vaia asumindo na Xunta a partir de agora. Neste asunto todos os grupos votaron a favor agás Terra Galega, que se abstivo.

O debate plenario centrouse nas propostas de modificación do PXOM, sobre todo nas que afectan a solo de núcleo rural e solo rústico, con respecto ás cales o PP abstívose e TeGa votou en contra. As relativas a solo urbano saíron adiante por unanimidade. En materia urbanística, a moción de Terra Galega sobre a accesibilidade dun edificio da rúa Eduardo Blanco Amor quedou sobre a mesa á espera dos informes técnicos solicitados.

En canto aos rogos e preguntas, PP e TeGa interesáronse por unha traída de auga veciñal en Leboreo (Bértoa) e coincidiron tamén en preguntar polo estado do campo de fútbol dos Eiroas e dos pavillóns municipais. Os populares tamén preguntaron pola presión da auga, o centro social de Entrecruces, o investimento social ou a recollida selectiva de lixo; mentres que Terra Galega referiuse á praza de inspector de policía, a adquisición dun tractor ou a instalación de alumeado no paseo do Anllóns, entre outras cuestións.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...