Información
A Coruña

“Para nós é un bo regalo de Reis. Estamos moi contentos”, concluíu Luciano Calvo.

Información
16 Diciembre 2018 206 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Juan Lorenzo, Marcos Trigo, Evencio Ferrero e Luciano Calvo

Juan Lorenzo, Marcos Trigo, Evencio Ferrero e Luciano Calvo

Se o Bergantiños e as Escolas Luis Calvo Sanz seguen medrando a este ritmo, dentro duns anos será preciso poñer sobre a mesa a construción dunha cidade deportiva que, ademais de garantir as necesidades dun club que supera xa as 500 licenzas, teña unha situación máis urbana e repercuta tamén en moita maior medida na economía local. Luciano Calvo, presidente do Bergantiños, teno claro, e así o manifestou hoxe, durante o acto de presentación do proxecto de reforma do campo de fútbol das Eiroas que acometeremos o próximo ano, no que participaron tamén o tesoureiro do club, Juan Lorenzo; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero. Porque, ata que chegue ese momento co que soña Luciano Calvo, é preciso dar resposta aos problemas actuais.

 

O proxecto que se levará a cabo, e que figura nos orzamentos que aprobaremos o vindeiro luns 17 cunha partida de 532.741 euros, permitirá, como explicou o concelleiro de Deporte, mellorar o acceso, construír unha nova grada con capacidade para 300 espectadores/as e ampliar os vestiarios do campo principal, “que teñen case vinte anos e foron concibidos para un campo con outras dimensións e outras necesidades”, sinalou.

A grada situarase, despois de estudar as distintas alternativas, no fondo norte. Con esta actuación evitarase, como xa ten ocorrido, ter que instalar gradas supletorias para determinados eventos, e mellorarase tanto a comodidade coma a seguridade. E ademais, como destacou Luciano Calvo, “servirá como refuxio do vento do norte e nos campionatos dos alevíns permitirá que o público estea máis preto”. O presidente do Bergantiños agradeceu “o espírito de colaboración tan grande” do goberno municipal, “non só en orzamentos, senón tamén na atención diaria”.

“Para nós é un bo regalo de Reis. Estamos moi contentos”, sinalou Luciano Calvo

O proxecto é froito do consenso entre a Concellaría de Deporte e o Bergantiños FC. “Para nós é un bo regalo de Reis. Estamos moi contentos”, concluíu Luciano Calvo.

Evencio Ferrero felicitou ao Bergantiños polo crecemento que está a experimentar. “É un dos clubs con máis licenzas de Galicia, 510 neste momento, e dende o Concello de Carballo temos que ser sensibles ás necesidades dunha entidade que usa a diario unha instalación, e con tanta intensidade de uso coma As Eiroas”.  O alcalde estendeu os seus parabéns á “excelente campaña” que está a facer o primeiro equipo. “A todos nos gusta _dixo_ que o equipo que nos representa coma carballeses sexa un exemplo na categoría na que está”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...