Información
A Coruña

González Formoso destaca a utilidade da área sanitaria coruñesa sen explicar como acabaron 15 mil euros no peto do sobriño de Goretti (BNG) das bolsas da Deputación

Información
09 Noviembre 2018 122 votos

A Deputación e o servizo de Oncoloxía do CHUAC reúnen a 400 mulleres no Teatro Colón para compartir experiencias sobre a vida despois do cancro de mamaMáis de 400 mulleres dos concellos da área coruñesa participaron esta tarde no Teatro Colón na derradeira xornada do ciclo ciclo "Empoderamento da muller con cancro de mama", organizado polo servizo de Oncoloxía do CHUAC e a Deputación da Coruña, co obxectivo de que as persoas que superaron esta enfermidade podan despexar dúbidas, abordar cuestións de interese común e compartir experiencias.

O evento comezou coas intervencións do doutor Luís Antón Aparicio, xefe da área de Oncoloxía do centro hospitalario coruñés e do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que gabou esta "iniciativa sociosanitaria pioneira" que chegou a máis de 1.000 mulleres en toda a provincia e que permitiu non só ofrecer recursos ás mulleres que superaron o cáncer de mama para resolver as dúas dúbidas e continuar a súa vida nas mellores condicións, senón que ademais permite aos profesionais da sanidade pública obter un interesante feedback sobre cales son os asuntos que lles preocupan.

Cada día máis preto de gañar a batalla a enfermidade

"Estes foros supoñen unha excelente oportunidade para compartir experiencias, para ver que non estades soas e que, cada día máis, é posible gañar a batalla á enfermidade", afirmou González Formoso, que destacou que se trata da patoloxía tumoral máis frecuente no sexo feminino, con case 26.000 novos casos diagnosticados cada ano en España, "pero hay datos esperanzadores", xa que case 9 de cada de 10 mulleres vencen ao cancro de mama. "Trátase dun índice de curación moi elevado, que se incrementa ano a no e no que prevención e investigación son os dous elementos clave", afirmou.

Temas como a sexualidade, o embarazo, a depresión e ansiedade, os coidados das zonas afectadas foron algúns dos aspectos abordados polos diferentes especialistas en medicina, enfermería, psicoloxía que participaron no foro, no que ademáis as mulleres tiveron oportunidade de compartir as súas experiencias en torno a unha doenza que supón un de cada tres novos casos de cáncer detectados en mulleres, pero que conta a día de hoxe cun elevado índice de supervivencia, de preto do 90%. Os expertos incidiron tamén na importancia da sensibilización da poboación sobre a detección precoz da enfermidade para seguir aumentando esta cifra.

As xornadas contaron coa participación de especialistas coma as oncólogas Silvia Antolín e Begoña Graña que explicaron cuestións relativas á epidemioloxía do cancro de mama, que afecta cada ano a 26.000 mulleres en España, 350 delas só na área sanitaria coruñesa.

A xinecóloga Carlota Díaz Carballada abordou cuestións relativas á fertilidade, a sexualidade e o embarazo tras o cancro; mentres que a psicóloga María Comillas de la Vega centrouse nos aspectos psicolóxicos da enfermidade.

A enfermeira Shalom Rivera, o fisioterapeuta Julio Aparicio, o dermatólogo Jesús del Pozo e a socióloga Luz Campello completaron o programa de relatores deste ciclo xornada, que chega ao seu fin despois de recalar en Bergondo, Cee e Carballo nos últimos meses



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi