Información
A Coruña

O mes de outubro bateu récords con 159 niños de avespa velutina retirados

Información
06 Noviembre 2018 119 votos
3 imaxes da retirada dun niño a gran altura en Guitoi-Sofán

3 imaxes da retirada dun niño a gran altura en Guitoi-Sofán

O ano pasado a estas alturas, o Servizo Municipal de Control de Pragas levaba retirados 512 niños de avespa velutina. Este ano xa levamos 467, pero aínda que a cifra total é inferior á do 2017, en outubro bateuse un récord coa retirada de 159 niños nun só mes. A praga afecta a todas as parroquias, aínda que a unhas con máis incidencia ca outras. En outubro a peor parte levouna Sofán, de onde se retiraron 31 niños.

 

Aínda que se retiraron 159 niños, o Servizo Municipal de Control de Pragas atendeu máis avisos. Ás veces non son niños de velutina, outras resulta imposible chegar ata eles, noutras ocasións xa foran anulados aínda que non se retirasen e hai veces que incluso se reciben chamadas doutros concellos. En outubro, ademais, nun dos casos o niño estaba calcinado.

Todos os niños que aparecen nesta época do ano son secundarios, de grandes dimensión, e moitas veces están situados nas copas das árbores, a gran altura, o que obriga a utilizar grúa para a súa retirada ou mesmo a fai inviable. Un deses niños protagoniza agora unha exposición itinerante polos edificios municipais. Despois da Casa do Concello e do Fórum, onde está estes días, continuará o percorrido.

As persoas que localicen un niño poden chamar ao 012 ou ao 112, desde onde darán aviso ao Servizo Municipal de Control de Pragas, que procederá á súa retirada nun prazo de 24-48 horas.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi