Información
A Coruña

Ante os antecedentes das xestións de Goretti (BNG) mediando "trato de favor" ponse en dúbida o premio a Garrido Pombo do X Concurso Fran Pérez "Narf" dá Deputación dá Coruña

Información
21 Octubre 2018 196 votos

Su Garrido Pombo gaña o X Concurso Fran Pérez

A cantante Su Garrido Pombo conseguiu coa súa voz e a súa guitarra facerse co X Premio Fran Pérez Narf de artistas e grupos musicais da Deputación da Coruña. O segundo premio foi para a banda Néboa nun certame no que o xurado confesou "suar" pola altísima calidade das bandas.

 

Soa coa súa voz e guitarra, a cantante Su Garrido Pombo fíxose co primeiro premio do X Concurso Fran Pérez Narf da área de Cultura da Deputación da Coruña nunha final que se desenvolveu na noite do venres na Sala Sónar de Santiago.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

O xurado, composto por Brais Morán Mato, Isaac Gónzalez López, Mar Catarina Serantes, Xurxo Souto e a gañadora da anterior edición, Camille Hédouin, Mounqup, presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, coa xefa de servizo da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria optou pola "emoción, calidade e proxecto musical" de Su Garrido Pombo e insistiu no bo nivel dos grupos que concorreron ao certame.

No acto final, ao se dar a coñecer o resultado do concurso, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, quixo lembrar ao músico que leva o nome do certame, Fran Pérez Narf e destacou que o concurso está consolidado e é un escaparate da calidade da música que se está a facer no país, con propostas variadas e sólidas.

Pola súa parte, o músico Xurxo Souto, como representantes do xurado, foi o encargado de facer pública a resolución no momento final do concerto en que as cinco bandas mostraron o seu traballo ao vivo e destacou as cualidades de todas as propostas, facendo fincapé, na "calidade, a emoción e o proxecto artístico" da gañadora, Su Garrido Pombo, que, segundo dixo, herdou a maneira de cantar e o entusiasmo pola música da súa avoa nunha aldea de Fornelos de Montes que lle ensinou a cantar con dous anos. "Cantar é o acto máis subversivo e marabilloso que podemos facer", dixo Su Garrido cando recibiu o premio.

Su Garrido Pombo naceu en Vigo e é de aldea de Traspielas (Fornelos de Montes). É música e compositora e o seu estilo abarca diferentes xéneros incluíndo Jazz, Latin, Bossa ou Folk. Aprendeu a cantar coa súa avoa na aldea as cancións que ela lle ensinaba dos seráns e tamén as que escoitara na radio, boleros, pasodobres ou rancheiras. Máis tarde estudou guitarra en Vigo, no conservatorio Mayeusis e licenciouse en Historia e Ciencias da Música e Historia da Arte na Universidade de Compostela, Salamanca, Granada e Florencia. A súa música lévaa a diferentes países de Europa e Ámérica, primeiro como membro do grupo folk Lembranzas Galegas e máis tarde como vocalista do grupo Sonhos.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

A gañadora recibirá 3.000 € mais a participación dunha programación específica de apoio á difusión da súa música promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña que consistirá na inclusión nun programa de tres festivais ou eventos culturais de referencia no panorama galego.

A participación nesta proposta de difusión musical é tamén parte do premio do segundo clasificado que consigue ademais 2.000 € de premio. Trátase, nesta ocasión, do grupo Néboa, de Caldas de Reis, con Lucas Martínez Suárez de Centí, no vibráfono, teclados e electrónica; Jacobo García Lafuente, no baixo, teclado e electrónica; Tomás Porteiro Abuín, na guitarra eléctrica e voz, Aloia López Ferro na voz, Sandra Pérez Míguez na percusión e Alex Rodríguez Lázaro á batería. Néboa autoeditoron en 2015 o seu primeiro disco, "Antes da tormenta" e iniciaron unha intensa actividade con concertos ao vivo. A principios de maio do 2018 gravaron "Lisboa 5AM", a súa primeira canción en portugués, como single dixital. Xunto con ela tamén publicaron "Sigue sigue". Estas dúas cancións foron gravadas na Coruña en agosto do 2017 nos Estudos Mans, a raíz do premio que lles permitiu tocar no Festival Sinsal na Illa de San Simón.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

A banda Oh! Ayatollha situouse en terceiro lugar con 1.500 € e A banda da loba e Zumaque Trío ocuparon o cuarto e quinto postos con 1.000 € e un empate en puntos segundo fixo constar o xurado. 



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi