Información
A Coruña

Pachangas as costas dos usuarios que acuden a cociña económica, utilizando seu fondo social acuden a un chiringuito montado no Pazo de Mariñan sen un soo usuario da cociñña económica,¡¡¡ sobran as palabras!!!

Información
17 Octubre 2018 556 votos

A Deputación entrega a produción froiteira dos xardíns do Pazo de Mariñán á Cociña Económica da Coruña

A Deputación da Coruña e a Asociación de Amas de Casa de Miño entregaron hoxe distintas elaboracións feitas coa colleita das árbores froiteiras do Pazo de Mariñán á Cociña Económica de Coruña. Consultados os comensales e usuarios da cociña económica nos afirman que ningun viu, nen os doces nen nada que se lle parecera...

O lote doado á Cociña Económica consistiu en 300 botes de compota marmelada e marmelo, elaborados a partir de máis de 200 quilos de froita (principalmente mazás) recollida das árbores dos xardíns do pazo bergondés, entre as que se atopan maceiras, pereiras, ciruelos ou melocotoeiros, entre outras especies.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   - 
 Acceso Suscriptores Xornal Galicia.
Diego Calvo en la Diputación de A Coruña Presuntamente malversava fondos públicos para fundaciones del PPdeG..+

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, recibiu en Mariñán aos representantes da Cociña Económica da Coruña e da Asociación de Amas de Casa de Miño, ás que felicitou por "esta gran idea, unha iniciativa solidaria, que nos permite aproveitar a produción froiteira de Mariñán para axudar aos que menos teñen".

"A idea estase convertendo nunha tradición", afirmou o presidente provincial, que lembrou que se trata do segundo ano que se leva a cabo a iniciativa, que xurdiu o ano pasado durante unha visita das Amas de Casa a Mariñán na que se percataron de que se perdían centos de quilos de froitas das árbores dos xardíns e propuxeron apañalas e aproveitalas con fins solidarios.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   - 
 Acceso Suscriptores Xornal Galicia.
Diego Calvo en la Diputación de A Coruña Presuntamente malversava fondos públicos para fundaciones del PPdeG..+

A presidenta das Amas de Casa de Miño, María José López, explicou que a elaboración das compotas e marmeladas representou dúas semanas de traballo das socias da entidade e expresou a súa satisfacción polo resultado da idea e do polo traballo realizado. Ademáis, destacou a colaboración de GADISA coa inicativa, doando á entidade os tarros de cristal, electrodomésticos e utensilios de cociña que permitiron a elaboración dos doces.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi