Información
A Coruña

Goretti Sanmartín presenta a iniciativa 'Malas linguas' en resposta ao "neofranquismo lingüístico" OCULTANDO OS 15 MIL EUROS QUE LLE REGALOU AO SOBRIÑO DA SÚA SECRETARIA

Información
17 Octubre 2018 241 votos
Goretti Sanmartín presenta a iniciativa 'Malas linguas' en resposta ao

a foto do comunicado promocionandose asi mesma pon ao descuberto os fins propagandísticos do BNG na persoa de GORETTI, mais propios da dictadura que de a promulgada democracia, onde soo se vota en falta o "palio"; fins polïticos cos cartos püblicos para súa imaxen bastante deteriorada, FINANCIADA CON CARTOS PÚBLICOS PARA PROGRAMAS QUE NADA TEÑEN QUE VER CON ELA NEN CO BNG mostrando severos  indicios de egolatrïa a costa de lo público con rumbo as municipales do 2019.-

Significado de Ególatra - Qué es, Concepto y Definición - Significados Egolatría: 12 rasgos y actitudes de las personas ególatras.Egolatría: 12 rasgos y actitudes de las personas ególatras.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, presentou hoxe as xornadas 'Malas linguas. Activando falantes para o século XXI' coas que "contribuír a abrir un espazo de debate sobre as linguas e sobre o caso do galego, e afondar na necesidade de que o estado sexa de verdade democrático e plurilingüístico, no que todas as persoas poidan vivir e traballar na súa propia lingua".

 

Durante a presentación das xornadas, a vicepresidenta da Deputación reparou no título da iniciativa que, segundo sinalou, fai fincapé na "necesaria lexitimidade das políticas publicas do galego; na busca dun mundo en que non se clasifique ás linguas en boas ou malas, en útiles ou inútiles". "Queremos activar un argumentario para o galego para todas as persoas,un camiño polo que temos que transitar neste momento no que parece que se está a impoñer unha soa lingua, a hexemónica, e na que o resto son consideradas como linguas de segunda", destacou na súa intervención.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

Para isto, celebraranse catro xornadas entre outubro deste ano e abril de 2019 nas que se debaterá de políticas públicas e normalización, de memoria e transmisión familiar da lingua, de mocidade e de lingua e xéneros, cunha vontade de que "se abran marcos onde poder activar persoas en defensa do idioma, sexan galego ou castelanfalantes, así como dotarnos de ferramentas para combater todas as mentiras que se contan socialmente sobre as linguas, que nos din que unhas son mellores e outras peores, nesta situación de neofranquismo lingüístico na que nos atopamos", explicou Goretti Sanmartín.

O público ao que van dirixidas son persoas que traballan diariamente en normalización lingüística e políticas relacionadas co galego, aínda que tamén poden inscribirse persoas con outros perfís. O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo xoves, 18 de outubro, ás 9 horas.

Primeira xornada centrada en políticas públicas  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

Durante a rolda de prensa de presentación deuse a coñecer o programa da primeira das xornadas, que se celebrará o 23 de outubro no Pazo de Mariñán, Bergondo. Unha xornada centrada nas políticas públicas arredor da lingua e que contará con relatorías, mesas de debate, pílulas informativas e espazos participativos.

Entre as persoas convidadas están os lingüístas Suso Fernández Acevedo e Diego E. Barros, os expertos en normalización lingüística Valentina Formoso e Nel Vidal, a actriz María Vázquez, o proxecto internacional Tosta, a plataforma catalá SomEscola e mais A Mesa pola Normalización Lingüística.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

'Malas linguas' é un complemento máis ao traballo que a área de Cultura da Deputación da Coruña está a facer en favor da normalización do galego, xunto coa exitosa campaña 'O galego, a miña lingua propia', dirixida a un público adolescente a través do que se impulsaron un cento de actividades en 43 concellos, e que están a achegar persoas recoñecidas en diferentes ámbitos de actividade que pretenden servir de referentes no uso do galego para a mocidade.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi