Información
A Coruña

Escollidos da Deputación de A Coruña para facer turismo institucional baixo o "chiringuito" Gastronomika en San Sebastián

Información
08 Octubre 2018 219 votos

Algúns funcionarios, políticos ou persoas de confianza (se negan a aclarar ou desmentir así como o coste para os mciudadanos do chiringuito)  Deputación da Coruña participa na vixésima edición de Gastronomika que se desenvolve desde o 8 ao 10 de outubro en San Sebastián. Grandes nomes da cociña e representantes dos principais destinos turísticos gastronómicos internacionais reúnense no palacio de congresos Kursaal para dar a coñecer as máis relevantes ofertas gastronómicas.

 

A Deputación da Coruña, a través da súa área de Turismo dirixida polo deputado Xosé Regueira, quere aproveitar a singular plataforma de promoción que é Gastronomika para poñer en releve a rica oferta de produtos de calidade e a condición de destino de turismo gastronómico do territorio da Coruña. En Gastronomika danse cita os máis prestixiosos nomes da restauración do momento, medios de comunicación, profesionais do sector da hostalería e restauración, coñecidas marcas de produtos gastronómicos, e un público en crecemento exponencial que alcanzou no pasado ano 1.567 congresistas, 14.000 visitantes de 37 nacionalidades diversas e 412 periodistas.

A Deputación da Coruña desenvolve un programa que estará representado polo relatorio do Cheff do restaurante As Garzas (Malpica), e as degustacións do requeixo da Capela, a marmelada de Pemento de Padrón, a empanada de polbo mugardés e o pan de Carballo.

A área de Turismo participará cun stand onde, tamén, se ofrecerá información turística xeral da provincia e os 6 xeodestinos, ademais de información específica dos produtos, feiras e tradicións gastronómicas enmarcadas en cada unha das súas localidades. Sen dúbida, as degustacións da Capela, Padrón, Mugardos e Carballo, será unha parada de obrigado cumprimento para este esixente público.

O cociñeiro Fernando Agrasar, baixo o título "Realismo Atlántico", defenderá na súa intervención a riqueza gastronómica da Coruña e promoverá o seu atractivo turístico, canalizando o prestixio certificado coa estrela Michelin do seu restaurante -As Garzas-, en Malpica de Bergantiños. O restaurador realizará un prato típico para 350 persoas acompañado de alimentos ou bebidas dos concellos da provincia.
Neste sentido, este evento é unha oportunidade estratéxica de posicionar os recursos gastronómicos dos distintos concellos da Coruña no panorama turístico internacional e, máis especificamente, entre os destinos gastronómicos da fachada atlántica.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....