Información
A Coruña

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás solicita á Xunta que impugne unha eventual venda da propiedade por parte dos Franco

Información
07 Octubre 2018 96 votos

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás solicitaralle á Xunta que impugne a eventual operación de venda da propiedade por parte da familia Franco, pola súa condición de BIC. Na xuntanza decidiuse instar aos gobernos do Estado e a Xunta a que se poñan de acordo de maneira inmediata e ofreceron á Deputación como sede para un encontro co fin de iniciar un camiño conxunto nun momento que cualificaron de "excepcionalidade extrema". Urxen tamén ao Estado a que inicie a demanda civil no xulgado de Betanzos e a inscrición do Pazo no rexistro da propiedade, como indican os informes xurídicos xa existentes.

 

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás reuniuse hoxe na sede da Deputación da Coruña co fin de avaliar a nova situación creada despois da manifesta intención do neto de vender a propiedade para eludir o proceso de recuperación como ben público. Desde a Xunta pro Devolución ínstase ás institucións a iniciar de maneira urxente o proceso xudicial para a recuperación do inmoble e, en concreto, solicítaselle ao goberno do Estado que inicie a demanda civil para reclamar a propiedade no xulgado de Betanzos e inscriba, de maneira inmediata, o Pazo no rexistro da propiedade.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +

Con respecto á Xunta de Galicia, a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás demanda que faga valer a condición de Ben de Interese Cultural (BIC) da propiedade e impugne calquera eventual operación de venda do inmoble por parte da familia Franco.A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás solicita á Xunta que impugne unha eventual venda da propiedade por parte dos Franco

Tanto ao goberno central como á Xunta de Galicia, a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás reclámalles camiñar de maneira conxunta, sumando forzas e actuando de forma coordinada para o que ofrecen o marco da Deputación da Coruña para unha xuntanza que poña en común os traballos e as posibilidades das institucións.

Representantes de institucións e entidades presentes na reunión coincidiron en que se trata dun momento de "excepcionalidade máxima" que cómpre aproveitar para rematar co espolio e recuperar o Pazo de Meirás para propiedade pública. Convidan, polo tanto, ás institucións a "activar todos os recursos contra a usurpación da familia Franco".

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +

O profesor da Universidade de Santiago e responsable do informe xurídico, Xabier Ferreira, asistiu á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás e defendeu a necesidade de que, con carácter de urxencia, as institucións implicadas activen a demanda para a recuperación do Pazo de Meirás xa que o paso do tempo está permitindo que a familia opere para intentar blindar a propiedade. Lembrou que o informe indica que é o goberno central o máis acaído para iniciar a reclamación xa que a finca funcionaba como casa oficial de verán do Xefe do Estado, mais defendeu tamén a posibilidade de que a propia Xunta tome algunha iniciativa por se tratar dun Ben de Interese Cultural.

A Xunta pro Devolución alerta de que está a rematar o prazo de tres meses que a lei dá á Xunta de Galicia para exercer o dereito de tanteo para a compra do Pazo de Meirás, pola súa condición de BIC.

Á reunión asistiron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, o alcalde e concelleiros de Sada, Benito Portela e Francisco Montouto e o concelleiro da Coruña, José Manuel Sande ademais de Marilar Aleixandre pola Real Academia Galega, Ernesto Vázquez Rey Farto pola Iniciativa Galega pola Memoria, Fernando Souto, pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña; Emilio Grandío e Xabier Ferreira, autores dos informes histórico e xurídico encargados pola Deputación da Coruña, Xulia Santiso pola Casa Museo Emilia Pardo Bazán e os investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez, especialista en historia do Pazo de Meirás.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi