Información
A Coruña

Carballo recibe o Premio Cidades que Camiñan 2018 polas súas políticas activas a favor da mobilidade peonil

Información
07 Octubre 2018 183 votos

O traballo que estamos a desenvolver nos últimos anos a favor da mobilidade peonil vén de ser recompensado co Premio Cidades que Camiñan 2018, un galardón co que tamén foron distinguidas en edicións anteriores cidades coma Vitoria-Gasteiz, Ponferrada, Córdoba, Irún ou Pontevedra, e que supón o recoñecemento dunha rede peninsular de municipios cada vez más ampla.

 

O fallo vén de ser comunicado á concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, que acudirá a recollelo ao 6º Congreso da Rede das Cidades que Camiñan, que se celebrará os días 10 e 11 deste mes en Villanueva de la Serena (Badaxoz). O noso concello resultou elixido entre todas as cidades de 20.000 a 100.000 habitantes que se presentaron ao concurso. Na categoría de máis de 100.000 habitantes o premio deste ano é para Cádiz, e na de menos de 20.000 habitantes, para Herrera del Duque (Badaxoz).

Ademais do recoñecemento ao traballo que se está levando a cabo, o Premio Cidades que Camiñan inclúe a publicación editorial dos proxectos polos que cada cidade merece o galardón, a organización dun concurso de ideas para a rexeneración dun espazo público e a opción a organizar a seguinte edición do congreso.

Dado que o espazo era limitado e as normas de participación están moi definidas, o Concello de Carballo presentou un proxecto baseado en tres aspectos fundamentais: a elaboración da estratexia de mellora e xestión do espazo público, a nova ordenanza reguladora do tráfico, a mobilidade e a seguridade viaria, ámbalas dúas en fase de elaboración, e, en terceiro lugar, as actuacións de reurbanización realizadas nos anos de referencia do premio, 2017-18.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....