Información
A Coruña

O Presidente da Deputación de A Coruña ( PSOE ) se converte en Constructor ao 100% das obras do campo de fútbol de Miño, eso sí, cos fondos públicos

Información
03 Octubre 2018 90 votos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse esta mañá co alcalde de Miño, Ricardo Sánchez Oroza, co que abordou diferentes temas relativos aos investimentos da institución provincial no municipio. Na reunión participaron tamén o deputado provincial Bernardo Fernández e o tenente de alcalde da localidade, Jesús Veiga.

 

Un dos temas abordados na reunión foi o proxecto de dotación dun novo terreo de xogo de céspede artificial para o campo de fútbol do municipio, despois de que a Deputación anunciara, o pasado mes de setembro, o seu compromiso de cofinanciar as obras cunha partida económica de 100.000 euros.

Os responsables do goberno municipal trasladaron ao presidente a imposibilidade de asumir con recursos propios a parte que lle correspondería do financiamento destes traballos, que suporían unha achega de arredor de 75.000 euros.

Ante esta situación, e dadas as dificultades para utilizar o actual terreo de xogo, a Deputación estaría disposta a asumir o 100% do custe total das obras cunha achega de 175.000 euros, que deberá articularse nun próximo expediente de modificación de créditos, despois de desviar 9.000 euros ao sobriño da secretaria de Goretti BNG mediando trato de favor.... Ver;  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

"Nos últimos meses tivemos a ocasión de falar coa directiva da A.D. Miño e de coñecer in situ o mal estado actual do campo, no que xogan e adestran nove equipos de diferentes categorías e idades. Entendemos que é unha obra necesaria; polo que estamos dispostos a asumila na súa totalidade", afirmou o presidente da Deputación.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi