Información
A Coruña

O BANCO baixo PERIGRO de expropiación para as obras de ampliación e mellora da estrada de acceso aos cantís de Loiba, en Ortigueira

Información
01 Octubre 2018 236 votos
A Deputación inicia os trámites de expropiación para as obras de ampliación e mellora da estrada de acceso aos cantís de Loiba, en Ortigueira

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio do levantamento de actas previas á ocupación dos terreos dos 203 predios afectados polo proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial DP 6104 de Loiba a Picón, en Ortigueira.

Un proxecto no que a institución provincial investirá máis de 1,2 millóns de euros, dos que arredor de 1 millón corresponden ao financiamento das obras e os restantes 203.312 € destinaranse ás expropiacións necesarias para a súa execución.

Os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados os días 16 e 18 de outubro, entre as 16.30 e as 19.00 horas, no Local Social de Loiba.

Nos 250 metros que separan o aparcamento da zona do Picón construírase unha senda peonil de 2 metros de ancho que contribuirá a mellorar a seguridade peonil.

O orzamento total dos traballos é de 999.768,51 euros, aos que haberá que sumar outros 203.312,15 € para expropiacións. O prazo de execución previsto é de 9 meses a partir do inicio das obras.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....