González Formoso presentou na Confederación de Empresarios o PEL 2016-2019, que destinará axudas para o impulso de novos proxectos emprendedores e incentivos para que as pequenas empresas da provincia poidan contratar persoal

XornalGalicia  20 Mayo 2016  3882 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou esta tarde na sede da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), as liñas fundamentais do novo Plan de emprego local (PEL) impulsado polo goberno provincial, que investirá 30 millóns de euros durante o período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado e apoiar a iniciativas emprendedoras nacidas nos 93 concellos coruñeses.

Acompañado polo presidente da CEC, Antonio Fontenla Ramil, González Formoso destacou ante os empresarios da provincia reunidos na sede da patroal que "a principal aposta e a liña de traballo transversal da Deputación durante este mandato vai ser a xeración de emprego, o apoio ao emprendemento e a todo aquel proxecto que supoña xeración de actividade económica na nosa provincia".

Formoso repasou as catro liñas de acción coas que conta o PEL e das que se beneficiarán persoas parados de longa duración e persoas con dificultades de inserción laboral, os concellos coruñeses e as PEME e proxectos emprendedores nacidos na provincia.

A liña PEL-Concellos, que xa está marcha, contempla asignacións económicas aos 93 municipios da provincia por importe de preto de 3 millóns de euros para a contratación de persoas en situación de desemprego que se dediquen á prestación de servizos municipais. As bases do plan priman a contratación por parte dos concellos de maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade ou en risco de exclusión social.

A través desta liña, a Deputación pretende crear 500 novos postos de traballo directos en 2016.

Apoio ao emprendemento e ás PEME da provincia

A segunda liña do PEL, cun orzamento de 1.270.000 euros para 2016, consiste no apoio ao emprendemento sostible e innovador, e comprende axudas á creación de novas iniciativas empresariais, fomento de viveiros e incubadoras de empresas, posta en marcha de espazos de coworking e a creación dun premio para novos proxectos emprendedores, que terá unha dotación económica de 50.000 euros para impulsar o seu desenvolvemento.

A través desta liña, a Deputación espera apoiar a creación de 50 novas iniciativas empresariais na provincia antes de que remate o ano, nunha acción que Formoso definiu como "a semente de futuro dunha provincia dinámica".

O Plan de emprego da Deputación da Coruña contempla tamén, segundo explicou González Formoso ante os empresarios coruñeses, unha liña de apoio ás pequenas empresas da provincia, con incentivos para a contratación de novo persoal, que supoñen axudas de ata o 75% dos custes salariais, para o que se destinarán 2 millóns de euros durante 2016.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...