Información
A Coruña

Unha técnica de turismo compostelá e un informático da administración provincial "escollidos a dedo por afinidades políticas" usaran os cartos públicos para achegarse a Cabo Verde e Mozambique facendo turismo Institucional baixo ardices de voluntariado.

Información
24 Agosto 2018 800 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

FOTO.- SEMEJA A LOS PROTAGONISTAS DE LA FUTURA OBRA "lOS TRILEROS POLÍTICOS" FINACIADA CON LAS BOLSAS DE ESTUDIOS DE LA DIPUTACIÓN...POR LO BIEN QUE SE LES DA, ESCOGER A DEDO A LOS ADJUDICATARIOS

Persoal técnico da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago de Compostela pasará o mes de outubro colaborando en Mozambique e Cabo Verde, respectivamente, cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que ambas as administracións son socias. Os dous participantes, que resultaron seleccionados entre unha vintena de candidaturas presentadas ao programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, asistiron en Pontevedra a unha xornada formativa previa ás viaxes.


Manuel Fuentes, programador e analista de sistemas na Deputación da Coruña, desprazarase a Mozambique para asesorar á Fundação Encontro, que a través do programa Vacacións con Traballo solicitou o apoio dun informático que lles axude a organizar a base de datos da súa área de Acción Social, na que atenden a poboación vulnerable dos distritos de Boane e Namaacha. "Voume mesturar nunha convivencia coa mesma xente coa que vou traballar e son consciente de que a miña rutina sufrirá un cambio ben grande, pero estou convencido de que as vivencias quedarán para sempre na miña memoria", asegura o funcionario provincial. "O que máis me preocupa é desenvolver o traballo con éxito, aínda que este non sexa o único obxectivo desta viaxe", apunta.


Yolanda Ferro, técnica de márketing no organismo encargado da xestión turística no concello compostelán e cunha ampla experiencia nesta área pero tamén como voluntaria en distintos países, cooperará co municipio caboverdiano de Santa Cruz na promoción do turismo rural, concretamente na vila de Porto Madeira. Segundo a traballadora municipal, "resulta imprescindible aventurarse cada pouco fóra da chamada zona de confort, para refrescar a mirada e poder enfocar desde perspectivas creativas, especialmente en viaxes que supoñen un contacto directo coa localidade". "Naqueles lugares onde haxa un certo consenso e mesmo ilusión sobre a necesidade de facer cousas, unha ten a esperanzadora sensación de que a súa achega pode ser un chisco valiosa para emprender proxectos alentadores", conclúe.

De feito, o programa Vacacións con Traballo ten unha dobre vertente, xa que non se trata só de achegar unha cooperación técnica, senón que ese intercambio de coñecementos co persoal local e a inmersión noutra realidade constitúen tamén accións de sensibilización. Deste xeito, as e os participantes entran en contacto con novas culturas, toman conciencia das desigualdades e convértense en axentes da transformación social cara actitudes solidarias.

O Fondo Galego de Cooperación, o Fondo asunto e o que ai detrás;

https://www.google.es/search?q=subvencións+ao+fondo+galego+de+cooperación

 

SABROSOS ANTECEDENTES DE  NORIEGA QUE SE NEGOU A EXPLICAR A CIUDADANÍA

Xornal Galicia - Martiño Noriega Alcalde de Santiago se niega a dar ...

xornalgalicia.com › Santiago
27 abr. 2016 - Martiño Noriega dio orden al Gabinete de Prensa del Concello de ... y el séquito a Argentina con motivo según sus declaraciones del Día del ...

Xornal Galicia - O alcalde de Santiago Martiño Noriega visita a ...

xornalgalicia.com › Santiago
23 abr. 2016 - Martiño Noriega estivo acompañado polo presidente da Federación, ... Foi nun dos lugares máis emblemáticos da capital arxentina: a libraría ...


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 95 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios norte-sur. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe...

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel...

23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta...

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

lineaazul 1600