Información
A Coruña

568.450 euros as obras de reconstrución da ponte de Xabarido, que une Ponteceso e Cabana de Bergantiños

Información
21 Agosto 2018 567 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

DENUNCIAN ABANDONO TOTAL DO ENTORNO E SE CREAN PRESUPOSTOS MULTIMILLANRIOS QUE NINGUEN VAI COÑECER COMOS E DILAPIDAD...

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación das obras de reconstrución e ampliación da ponte de Xabarido, na estrada provincial DP 1405, que conecta os concellos de Cabana de Bergantiños e Ponteceso sobre o río Anllóns. O orzamento dos traballos ascende a 568.450 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 3 de setembro.

Tal como acordaran o presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, durante a visita institucional realizada ao municipio o pasado 26 de xullo, a Deputación comeza antes de rematar o mes de agosto o proceso de contratación e execución dunhas obras "necesarias para eliminar un punto negro de tráfico", debido ao estreitamento da estrada que non permite a circulación de dous coches simultaneamente e que, ao mesmo tempo, "contribuirán a dar unha solución definitiva aos problemas de fisuras e gretas existentes estrutura".

Pola súa banda, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, manifestou a súa satisfacción e agradeceu o compromiso da Deputación para "arranxar un problema de infraestruturas importante" e "facer realidade unha obra moi demandada polos veciños de Ponteceso e Cabana", que servirá para mellorar a seguridade do tráfico e dos viandantes, xa que a nova ponte, ademais de ser máis ancha, contará con beirarrúas.

A nova ponte contará con plataforma de 10 metros e beirarrúa

As obras consistirán na demolición practicamente completa da actual ponte, que conta cun único vano de 19 metros, unha plataforma moi estreita e un deterioro considerable nas zonas de apoio dos estribos, e a súa posterior reconstrución, aumentando o ancho da calzada e a sección hidráulica de desaugadoiro.

A nova ponte contará con dous vanos de 14 e 22 metros e pasará da actual calzada de 6 metros de ancho (que se estreita ata só 3 metros nas zonas de viaducto) a unha plataforma de 10 metros de ancho en todo o traxecto, conformada por dous carrís de circulación de tres metros, beiravías de 0,50 metros e beirarrúa de 1 metro en ambas marxes do vial e un petril metálico de medio metro, o que contribuirá a mellorar notablemente as condicións de seguridade do tráfico rodado e dos peóns que circulen por este punto.

Foto chatarra; Wikiloc - OCA ( CORISTANCO ) - VERDES - A PONTE DE XABARIDO (CORCOESTO) Trail - Oca, Galicia (España)- GPS track

Durante a execución das obras será necesario o desvío do tráfico polo entramado de estradas existentes na zona, para o que se habilitará a correspondente sinalización unha vez que dean comezo as obras.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...