Información
A Coruña

A primeira skate-praza da Costa da Morte estará lista antes de que remate o ano

Información
16 Agosto 2018 503 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Evencio Ferrero e Milagros Lantes, durante a visita de hoxe

Evencio Ferrero e Milagros Lantes, durante a visita de hoxe

Xusto dous meses despois da sinatura do contrato para a execución da obra, a skate-praza que está a construír o Concello de Carballo xunto á Biblioteca Rego da Balsa avanza a moi boa velocidade. O alcalde, Evencio Ferrero, visitou hoxe a obra acompañado pola concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, e o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo. Como puideron comprobar, o aspecto da parcela cambiou substancialmente en só unhas semanas. As persoas que se acheguen estes días ata alí poden empezar a intuír xa como será a distribución do espazo, concibido para dar resposta á demanda dun importante sector da mocidade para ter un lugar no que practicar o deporte do skate, pero tamén como un novo lugar de ocio e tempo libre para toda a familia do que poderemos gozar antes de que remate o ano

.

A skate praza é un proxecto pioneiro na Costa da Morte que nace don dúas finalidades. Desde o punto de vista urbanístico, completar a ordenación do solo de equipamentos cunha solución que dea continuidade ao importante espazo dinamizador que xa é a Biblioteca Rego da Balsa e convertendo esa mazá nun elemento xerador de urbanidade de cara ao futuro desenvolvemento de todo ese ámbito. Desde o punto de vista social, a nova praza, deseñada polo mesmo arquitecto que a biblioteca, mantén a filosofía de flexibilidade, dinamismo e intercambio social.

Recreación do acabado final da praza

Recreación do acabado final da praza

Partindo desas premisas, o novo espazo será unha continuación do patio central da biblioteca, no que poderán realizarse actividades de bibliopraza e que contará cunha zona de extensión da biblioteca infantil con pavimento de caucho e xogos. Tamén se creará unha zona de estancia con sol e sombra para usuarios/as de diferentes idades, unha franxa arborada e pavimentada para a práctica do baile ou slalom, e unha skate-praza pensada para o público adolescente e non tanto que vén reclamando este tipo de equipamentos. O investimento acada os 145.200 euros.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...