Información
A Coruña

Carballo adoptará as medidas que determine a Administración autonómica para salvagardar a árbore Carballo de Vilar de Francos

Información
12 Agosto 2018 2270 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Representantes do Concello de Carballo e da propiedade do Pazo de Vilar de Francos visitaron o carballo centenario, acompañados pola técnica en xardinería Carme Alonso, para realizar unha valoración de urxencia sobre a situación da árbore despois de que tronzara o venres pola tarde. “Nunha situación normal a actuación sería obvia, pero ao ser unha árbore que está protexida debe ser a Administración competente da catalogación das árbores senlleiras a que diga ata onde chega a protección, se as actuacións deben ser máis ou menos conservadoras en base ao protocolo de actuación que teñan establecido”, explicou a técnica.

 

Nese sentido, aínda que xa houbo un primeiro contacto telefónico a raíz do suceso, o Concello remitirá inmediatamente unha solicitude formal á Xunta de Galicia para “que emita informe oficial sobre as actuacións inmediatas a abordar”, engadiu o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Tal como establece o Decreto 10/2015, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, a Administración local non pode actuar sen autorización previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que dispón de 15 días para resolver.

Sempre en contacto coa propiedade, o Concello de Carballo adoptará as medidas que determine a Administración autonómica para salvagardar a árbore. Á espera desa resolución, o Servizo Municipal de Protección Civil procederá de xeito inmediato á ampliación do perímetro de seguridade, xa que podería haber novos desprendementos debido ao estado de deterioro no que se atopa a árbore. Pero, malia o seu delicado estado, o Carballo de Vilar de Francos está vivo. “Seguramente haberá que facer unha actuación importante de saneamento, de limpeza e, se é preciso, algo de cirurxía arbórea, pero a árbore ten vida aínda”, asegura Carme Alonso.

“Por desgraza a merma é considerable, pero seguirá sendo un símbolo de Carballo”, engade o alcalde. E para que o siga sendo, os fillos que medran ao seu redor serán transplantados a outros espazos públicos do municipio, e, chegado o tempo, recolleranse tamén as landras para realizar unha plantación o próximo Día da Árbore.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...