Información

495.598 euros á creación dun sendeiro xacobeo en Muxía e á mellora do acceso á praia de Lago

Información
10 Agosto 2018 360 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
A Deputación destina 495.598 euros á creación dun sendeiro xacobeo en Muxía e á mellora do acceso á praia de Lago

O deputado e responsable de Plans Provinciais da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto, asinaron está mañá un convenio de colaboración polo que a institución investirá 495.598 euros para acometer a creación dunha sendeiro xacobeo entre os núcleos de Merexo e Os Muiños, e no que tamén se inclúe a mellora e pavimentación da estrada municipal que dá acceso á praia de Lago.

 

O proxecto, cofinanciado entre a Deputación da Coruña e o Concello de Muxía, ten por obxecto mellorar a seguridade vial e peonil da veciñanza e dos centos de peregrinos que diariamente transitan polas estradas do municipio no seu camiño cara o Santuario da Virxe da Barca.

As obras, suporán un investimento total de 534.769,88 euros, dos que o 37% (200.000 €) serán achegados pola institución provincial a través do convenio do colaboración asinado esta mañá, 295.598,35 € serán financiados con cargo ao Plan Único da Deputación (POS+2018), e os restantes 39.171,53 €, serán achegados mediante os fondos propios do concello.

A primeira das actuacións, consistirá na pavimentación do firme dos 3'7 quilómetros de estrada que une o lugar de Os Muiños coas praias de Lago e Leis. Así, aplicaránse seis centímetros de aglomerado en quente e eliminaranse as elevacións e os desperfectos existentes na plataforma. Ademais, a anchura da estrada será ampliada até os 5,5 metros.

Do mesmo xeito, a memoria do proxecto tamén inclúe a roza e limpeza das marxes do vial, a instalación 600 metros de cuneta revestida de formigón, 300 metros de canalizacións e 15 sumidoiros para a recollida de pluviais, así como a sinalización horizontal dos pasos de peóns e sinais de circulación.

Un novo sendeiro xacobeo mellorará a seguridade dos peregrinos

Xunto coa aposta das administracións por optimizar a seguridade do tráfico rodado no municipio, o convenio de colaboración rubricado está mañá tamén contempla a creación dun sendeiro peonil de 1'4 quilómetros, co que se pretende mellorar en termos de comodidade e seguridade este tramo do Camiño ao seu paso por Muxía.

O novo sendeiro xacobeo ocupará a marxe dereita da calzada que conecta os núcleos de Merexo e Os Muiños, e estará configurado por adoquíns de formigón envellecido, na procura de reproducir o aspecto o antigo pavemento románico e acadar a unha integración perfecta nesta paraxe rural.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi