Información
A Coruña

Ponteceso, Curtis e Cariño acollerán en xuño a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Información
12 Mayo 2018 740 votos

voltaciclista 12 5 2018Os concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño serán este ano as sedes centrais da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 1 e 3 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.

O evento deportivo foi presentado esta mañá na praia de Balarés (Ponteceso) durante un acto que contou coa asistencia do deputado de Deportes, José García Liñares, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, o alcalde de Dumbría e deputado provincial, José Manuel Pequeño, o concelleiro pontecesán de Deportes, Marco Varela, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, o exciclista Ezequiel Mosquera, o director técnico da proba, Guillermo Sande, o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, o teniente da Guardia Civil José Manuel Meléndez e o xornalista deportivo da Radio Galega Andrés Vieites, que se encargou de conducir o acto.

 

O deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, destacou "a ilusión e paixón" dos ciclistas e o importante traballo de organización que supón para clubs e federación a Volta Ciclista á Provincia, que este ano será emitida ademáis por Teledeporte, o que permitirá proxectar a riqueza paisaxística da provincia coruñesa en todo o Estado.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, José Manuel Muñiz, asegurou que a edición 2018 da Volta será "unha das máis duras e tamén unha das máis fermosas", pois a pesar da dureza das etapas discorre por entornos de gran beleza natural.

Os alcaldes de Ponteceso e Cariño agradeceron á Deputación que tivese elixido as súas localidades, xunto con Curtis, como sedes centrais da Volta á Provincia e subliñaron o apoio ao ciclismo por parte dos deputados de Deportes e Vías e Obras da Deputación, que permitiron que a provincia acollese etapas da Vuelta Ciclista a España e teña en marcha ambiciosos proxectos de promoción do ciclismo como a Rede Ciclista Metropolitana da Coruña ou a Vía Verde Santiago-Cerceda.

Etapas da Volta

Nesta 17ª edición da Volta participarán un total de 17 equipos de Asturias, Tenerife, Madrid, Extremadura, Cantabria, Castela-León, Galicia e Portugal.

A proba comezará o 1 de xuño en Ponteceso, cun percorrido de 150 quilómetros que pasará por A Campara, Pazos, A Bugalleira, Tella, Neaño, Cesullas, O Allo, Baio, Zas, o alto de San Roque, Santa Comba, Pino do Val, Paxareiras, O Pindo, O Ézaro (con subida ao mirador), Hospital, Dumbría, Vimianzo e regreso a Ponteceso.

O 2 de xuño a etapa da Volta partirá de Curtis, dende onde se realizará un percorrido de 133 quilómetros que pasará por Teixeiro, A Castellana, Montesalgueiro, Arceo, A Gándara (Boimorto), Arzúa, Melide, Pontepedra e Sobrado dos Monxes para volver a Curtis.

A derradeira etapa, de 125 quilómetros, disputarase o 3 de xuño sairá do porto de Cariño e pasará por Ortigueira, Espasante, Loiba, O Barqueiro, A Faladoira, San Claudio, Ponte Mera, Felgosas, Campelo, Cedeira, Pontigas e Garita da Herbeira para rematar de novo na Avenida da Constitución de Cariño.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi