Información
A Coruña

60.000 euros de fondos públicos para seguir xestionando o Dolmen de Dombate no Concello de Cabana de Bergantiños

Información
11 Mayo 2018 829 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Foto; El Dolmen de Dombate "metaforicamente hablando" lleva chupado más dinero público que el Puerto Exterior de A Coruña, una tragadera sin fondo.

No se lo creen, visiten....(+)

O deputado e responsábel da área de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xesús Soto, e o alcalde do Concello de Cabana de Bergantiños, José Muiño, asinaron un novo convenio cooperación mediante o que ambas entidades se comprometeron a intensificar a súa colaboración na xestión cultural e turística do dolmen de Dombate. Así, a Deputación achega unha partida económica de 60.000 euros ao fin de ofrecer os servizos de atención a visitantes do conxunto megalítico, ademais de promover diferentes actividades complementarias arredor dun dos emblemas patrimoniais da Deputación.
Tras acometer múltiples actuacións de mellora na protección, conservación e rehabilitación do dolmen, a Deputación da Coruña volve confiar a xestión de visitantes no Concello de Cabana de Bergantiños, nun novo modelo que está a desenvolver nos seus principais bens patrimoniais que pasan a ser xestionados desde o goberno municipal do territorio no que se atopan. Ademais de atender a visitantes, o convenio contempla un conxunto de actividades que complementan o grande atractivo e interese histórico e artístico que posúe a coñecida como "catedral do megalitismo" en Galicia.


Neste sentido, a Deputación e o concello bergantiñán deseñaron un programa para este ano 2018 en que xunto coas visitas e obradoiros de prehistoria destinados a turistas e escolares, se engaden diversas conferencias, charlas e eventos musicais que contribuirán ao coñecemento e divulgación do monumento.
Entre as actividades programadas, destacan a celebración dos obradoiros de prehistoria "O gran invento do Neolítico. A cerámica" ou "As cores de Dombate. Pinturas máxicas", ademais da denominada "Ruta das estrelas", unha visita guiada en que os visitantes poderán contemplar a choiva de estrelas desde o monte Borneiro na noite de San Lourenzo. Este mesmo escenario, o monte de Borneiro, acollerá unha ruta cicloturística que converterá a contorna de Dombate na capital do Arqueociclismo.
Finalmente, o convenio establece a celebración de diferentes actividades de marcado carácter cultural onde a música e o teatro serán os protagonistas, sendo salientables o ciclo "Primavera en Dombate" ou a chamada "Máster Class Musical", onde os sons clásicos e tradicionais galegos encheran de espectáculo o Centro Arqueolóxico de Dombate.
O Dolmen de Dombate forma parte do Patrimonio da Deputación da Coruña desde o ano 1975, sendo un dos monumentos megalíticos máis relevantes do patrimonio galego, e estando declarado Ben de Interese Cultural dende 1985.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...