Información

Troitas de Oroso, empanada de Laxe e Carballo, viño de Betanzos, ou de Vedra, polbo de Mugardos, bica de Vimianzo vermú de Padrón ou a olería de Buño, o turismo ornitolóxico de Muxía e as redeiras sorprenderon na Feira Ibérica da Garda

Información
02 Mayo 2018 1133 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Un programa de degustacións de produtos de calidade , demostracións e showcookings coordinado pola área de Turismo da Provincia de A Coruña promoveu unha variada oferta de interese turístico na Feira Ibérica da Garda que se está a desenvolver do 28 de abril ao 1 de maio.

 

O espazo expositivo da Provincia de A Coruña  foi dos máis visitados do recinto, con especial afluencia nos momentos en que se desenvolveron actividades e mostras co fin de atraer representantes do sector fundamentalmente no ámbito luso. Neste sentido, o deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou o interese de intensificar as relacións turísticas Portugal-Galiza no encontro que mantivo coa Secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Ana Mendes, que visitou o posto da Provincia de A Coruña  da degustou un viño de Vedra.

Como en anteriores ocasións, e como vén sendo habitual na presenza en feiras turísticas, a Provincia de A Coruña  da Coruña actuou como medio para a participación activa dos concellos na feira, e, neste sentido, representantes institucionais municipais asistiron ao encontro da Guarda e  involucráronse na preparación e oferta dos seus propios produtos.

O maridaxe de produtos dos concellos do Camiño Inglés como as troitas de Oroso e o viño branco de Betanzos, as mostras das empanadas de Laxe e Carballo, concello que tamén achegou pan de ovo e o seu tradicional pan, o polbo á mugardesa, o viño da Ulla ou a bica de Vimianzo son algúns dos produtos gastronómicos que se converteron en estrela da oferta do sector no amplo programa da feira. Ademais, nos espazos reservados pola Provincia de A Coruña  da Coruña animaron a oferta propostas como o turismo ornitolóxico de Muxía, o asalto ao Castelo de Vimianzo, a olería de Buño ou a actividade artesanal das redeiras de distintos concellos da Costa da Morte.

Os concellos de Mugardos, Malpica, Padrón, Carballo, Ponteceso, Laxe, Oroso, Vimianzo, Muxía e o xeodestino de Arousa Norte tiveron, desta maneira, unha presenza máis activa no evento, protagonizando actividades específicas de preparación, degustación e mostra de produtos aínda que, a través da Provincia de A Coruña , difundíronse na Guarda a oferta da totalidade do territorio a través dos seis xeodestinos que conforman a estratexia promocional da área de Turismo da Provincia de A Coruña .

O deputado Xosé Regueira, destaca o interese "da participación na Feira Ibérica de Turismo que contribúe a intensificar o intercambio entre Galiza e Portugal, dando a coñecer destinos distintos dos máis visitados pola poboación portuguesa que ocupa unha alta porcentaxe do turismo que recibimos", sinalou.

Neste sentido, o obxectivo da participación activa na Guarda é mostrar a diversidade e calidade da oferta turística dos concellos da Coruña e posicionar os recursos naturais, culturais, gastronómicos e artesanais nun mercado de especial interese para a promoción turística dos concellos da Coruña.

"Trátase dun escenario inigualábel para potenciar turismo de proximidade entre Galiza e Portugal e unha feira que recibe milleiros de visitantes e unha nutrida representación do sector nun espazo singular que fai da FIT da Garda un encontro con identidade propia e moi agradábel para o intercambio e os acordos de colaboración", explica Xosé Regueira da experiencia do fin de semana na localidade portuguesa.

Entre outras cousas, unha das conclusións a participación é "comprobar máis unha vez o altísimo interese polos recursos turísticos, patrimoniais e culturais e a necesidade de descubrir novos destinos apenas coñecidos ademais das cidades e os distintos camiños a Santiago".

 

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi