Información
A Coruña

O pleno da Deputación rexeita o protocolo da Xunta e Fomento sobre os terreos portuarios da Coruña

Información
29 Abril 2018 835 Votos

O pleno da Deputación da Coruña rexeitou hoxe adherirse ao protocolo asinado o pasado 18 de abril entre a Autoridade Portuaria da Coruña, Portos do Estado e a Xunta de Galicia sobre os terreos de Batería, Calvo Sotelo e A Solana, no porto coruñés.

Os votos de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños sumáronse en contra da moción do Grupo Popular, que propoñía que a institución provincial participara económicamente na compra dos terreos, adheríndose ao condominio participado pola Xunta nun 51%, e contribuira a determinación dos usos aos que se dedicarán estas parcelas.

 

Estes mismos votos articularon tamén a maioría para aprobar outra moción rexistrada por Marea Atlántica na que se solicitaba deixar en suspenso o anuncio do 18 abril e sumarse ao debate do protocolo avalado polo pleno do Concello da Coruña.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, volveu a alegar a carencia de competencias da Deputación neste asunto. "Cando dicimos que non temos competencias, dicimos que respectamos a autonomía local", afirmou o presidente que dixo que "son os cidadáns da Coruña, a través dos seus lexítimos representantes, os que teñen que decidir cales serán os usos deses terreos que están no seu territorio municipal".

"A Deputación non participará na determinación dos usos porque non lle compete. Se neses terreos vai haber un edificio de centos de vivendas ou un museo sobre a historia marítima da cidade é unha decisión que lle compete ao Concello da Coruña, non á Deputación", afirmou Formoso, que puntualizou que "unha vez determinados eses usos, como sempre fixemos, a Deputación vai a seguir articulando fórmulas de cooperación co Concello da Coruña á hora de financiar infraestruturas", entre as que puxo como exemplo o millón de euros que a institución provincial vén de achegar para reparar a cuberta do estadio municipal de Riazor.

O portavoz do Grupo Socialista, Bernardo Fernández, considerou que o protocolo Xunta-Fomento para a xestión dos terreos portuarios "é un capítulo máis da estratexia da Xunta para trasladar a Deputación os custos de cuestións que son da súa competencia" e denunciou que "non é a primeira vez que sucede".

"¿Qué dirían vostedes se a Deputación lle propón á Xunta que participe na construción dunha senda peonil dunha estrada provincial de Bergondo?. É surrealista, verdade?"; afirmou o voceiro do PSdeG-PSOE, que censurou tamén "a política de feitos consumados" da administración autonómica, que se reservou o 51% dos terreos e non pediu a participación da Deputación antes da sinatura do protocolo.

O voceiro do BNG, Xosé Regueira, considerou tamén que "son os coruñeses os que teñen que decidir qué queren facer cos terreos" e lembrou que o obxectivo da Deputación é apoiar aos pequenos concellos da provincia, aínda que a institución provincial "vai máis alá das súas competencias".

Dende Marea Atlántica, Daniel Díaz Grandío cualificou o protocolo Xunta-Fomento de "acordo a porta pechada", no que a administración autonómica se reserva a maioría dos terreos e censurou "a falta de lealdade institucional que supón excluír a cidadanía da Coruña".

Manuel Dios, portavoz de Compostela Aberta, censurou tamén "o máster en deslealde institucional" da Xunta e considerou que o convenio "non garante nada: nin terreos públicos, nin tren a Langosteira, nin investimentos" e sostivo que relega o papel da Deputación ao de "figurante, un atrezzo sen voz nin voto".

O portavoz de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, criticou "a especulación feroz" que tivo lugar na cidade da Coruña e considerou que "non ten sentido comprar o que xa é noso". Defendeu a necesidade de contar con espazos de esparcemente e zonas verdes no centro da cidade e criticou que a posibilidade de edificar en San Diego convertiría a barrios coma Os Castros e A Gaiteira "no patio traseiro da fachada marítima".

Rosa Gallego, portavoz do Partido Popular, considerou que "o protocolo non exclúe a niguén" e "invita á participación doutras administracións" nun tema "fundamental para o futuro da cidade" e sostivo que, unha vez que se decidan os usos do terreos, modificaranse os convenios de 2004.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi