Deputación da Coruña vístese de azul para conmemorar o Día de Europa

XornalGalicia  07 Mayo 2016  6138 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A sede da Deputación da Coruña iluminarase de cor azul todas as noites dende hoxe ata o luns 9 de maio para conmemorar o Día de Europa. Ademais, durante eses tres días, bandeirolas azuis coas doce estrelas da bandeira europea penderán dos laterais do edificio para conmemorar o 66 aniversario da histórica "Declaración Schuman", considerada o xerme da actual Unión Europea.

A Deputación da Coruña súmase así, a través do seu centro Europe Direct, á iniciativa impulsada pola Comisión Europea para que edificios vinculados ás institucións europeas e monumentos emblemáticos das principais cidades da UE se vistan de azul o 9 de maio, Día de Europa.

20 anos de Europe Direct na Coruña

A institución provincial coruñesa quere tamén celebrar deste xeito o vixésimo aniversario da creación do servizo Europe Direct, un dos primeiros que se implantaron en España, que ven funcionando no Pazo provincial coruñés dende o 9 de maio de 1996.

Europe Direct A Coruña forma parte da rede de centros da Dirección xeral de Comunicación da Comisión Europea. Actualmente existen 47 centros en España e máis de 500 en toda a Unión Europea. O seu obxectivo é divulgar as actividades e decisións das institucións europeas entre a cidadanía.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...