Información

Ferrolterra será protagonista mundial das carreiras de aventura coa celebración do Raid Gallaecia 2017

Información
XornalGalicia  03 Mayo 2017  3988 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Coruña acolleu hoxe a presentación do Raid Gallaecia 2017, unha competición incluida no calendario da Copa do Mundo de carreiras de aventura que se desenvolverá entre o 7 e o 14 de maio en catorce concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

 

Durante seis xornadas, máis dun centenar de deportistas de 18 nacionalidades diferentes, repartidos en 34 equipos, participarán nesta proba, a cuarta das oito que compoñen as series mundiais do Raid de Aventura, que xa pasou por Nueva Zelanda, Paraguay e Ecuador e que recalará na provincia da Coruña para continuar despois en Francia, a segunda parada europea do mundial.

O alto nivel dos equipos e a dureza dunha proba na que os participantes terán que percorrer máis de 500 quilómetros durante seis xornadas en etapas de trekking, de ciclismo de montaña, de kayak e barranquismo, nunha competición en formato non-stop (sen descansos) que pon a proba, ademáis da forma física, a súa capacidade de resitencia e orientación.

Catorce concellos da comarca

O itinerario previsto partirá de As Pontes o domingo día 7 e percorrerá os concellos de A Capela, As Somozas, Ortigueira, Mañón, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedume, Cabanas e Ares. Está previsto que os primeiros equipos cheguen á meta arredor do mediodía do xoves 11 tras percorrer centos de quilómetros que atravesarán enclaves de referencia da comarca como as Fragas do Eume, Estaca de Bares, a costa Ártabra ou a ría de Ares. Dous días despois, o sábado 13, terá lugar o peche de meta e a entrega de premios aos gañadores da proba.

Seguimento en directo por internet

Os afeccionados van a poder seguir en directo a proba por internet a través da aplicación Track The Race (https://tracktherace.com/es/raid-gallaecia-2017-arws/countdown) que ademáis de permitir ver en todo momento a ubicación exacta dos equipos e as súas evolucións, ofrece a posibilidade de interactuar con eles ou deixarlles mensaxes de ánimo.

Ademáis, por primeira vez, algúns corredores portarán cámaras que emitirán imaxes en directo, permitindo un completo seguemento da competición.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#Xulio Ferreiro terrorista de los medios de comunicación, censor y ocultador de la información pública traslada fondos municipales a la Cadena Ser para un chiringuito sobre medios de comunicación al que no acudió ni el 4% de los medios de A Coruña

#Xulio Ferreiro catalogado como el peor enemigo de los medios de comunicación condenado por la Comisión de Transparencia de Galicia por censor, vulnerador de los derechos periodístocos se atreve a...

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...