#XulioFerreiro xa entra nos despedidos colectivos que rechazaba antes de "asaltar o Concello de A Coruña"

XornalGalicia  31 Marzo 2017  4466 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As traballadoras e os traballadores dos museos científicos municipais da Coruña irán á folga varios días durante o mes de abril para defender os seus empregos e o mantemento da actividade na Casa das Ciencias, a Casa dos Peixes e a Casa do Home (Domus), que, de non actuar o Concello con urxencia e eficacia, ficarán sen persoal para atender estas instalacións a partir do vindeiro 15 de abril.

A decisión de iniciar un calendario de mobilizacións acordouse na asemblea de traballadoras/es celebrada na tarde do luns 27, na que se abordou a complexa situación á que está abocado o persoal destes museos logo da empresa concesionaria, SAMYL,  comunicar que non vai asumir ningunha prórroga máis do servizo e que, polo tanto, iniciará a negociación dun ERTE de suspensión de contratos.

Calendario de mobilizacións

A vista desta situación, o  persoal acordou en asemblea promover un calendario de mobilizacións que incluirá folga durante toda a xornada laboral os días 8, 9, 13 e 14 de abril e paros laborais (de 11:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 18:30 horas) os días 10, 11 e 12 de abril. Ademais, os días 8, 9, 10 e 11 de abril haberá concentracións diante do Pazo de María Pita de 12:00 a 13:00 horas.

Hai que subliñar que SAMYL rematou a concesión hai tres anos e dende entón o Concello da Coruña instou a empresa a continuar co servizo, xa que os concursos licitados nestes anos quedaron desertos ao non concorrer ningunha empresa. Isto é así, porque o Concello se nega a incrementar o prezo do servizo e as empresas consideran que a cantidade económica estabelecida non chega para cubrir as prestacións solicitadas. Nos últimos tres anos a administración municipal sacou a concurso o prego até en catro ocasións, pero mantendo sempre o mesmo importe económico, aínda sabendo que as empresas non se presentaban por considerar insuficiente esta cantidade.  

O concurso, novamente deserto

O pasado día 22 de marzo rematou o prazo previsto polo Concello da Coruña para a recepción de ofertas e licitudes para a adxudicación pública da contrata, quedando por cuarta vez deserto ao non presentarse ningunha empresa.

Porén, nesta ocasión non existe posibilidade de prórroga toda vez que SAMYL xa comunicou á representación social a súa intención de promover un expediente temporal de suspensión de contratos que afectará ás 31 traballadoras e traballadores deste servizo.

Isto significa que dende o 15 de abril -a prórroga forzosa da concesión remata o venres 14- non haberá persoal para abrir as instalacións, vender as entradas, facer as visitas guiadas, organizar as actividades educativas, etc. É dicir, a Casa das Ciencias, o Aquarium e a Casa do Home quedarán na práctica pechados ao público.  

Pasividade do Concello da Coruña

Ante a situación xerada, as/os traballadoras/es denuncian a pasividade do Concello da Coruña que non ten achegado ningunha solución, nin tampouco lles explicou aínda que medidas vai adoptar a partir do 14 abril, se ten intención de contratar con carácter especial a unha nova empresa até buscar unha solución definitiva ou se simplemente ten previsto proceder ao peche dos museos.

A representación do persoal ten solicitadas reunións de urxencia coa Concellaría de Cultura e co Alcalde da Coruña para buscar unha solución que evite pór en risco a continuidade destes 31 postos de traballo e o servizo público que se presta a través desta

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...