Oito voces de oito mulleres para o oito de marzo

XornalGalicia  08 Marzo 2017  2741 votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Oito voces de oito mulleres da nosa música nunha mesma canción é unha das propostas das Áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña para o Día Internacional das Mulleres. Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Sonia Lebedinsky, Carmen Rey, Pilocha, Belem Tajes e Silvia Penide comparten a conmemoración cunha canción que xa circula libremente pola rede.

Co cancelo #8mulleres8marzo as áreas de Cultura e Igualdade difunden na rede unha canción e un videoclip en 8 voces femininas coas que conmemorar o Día Internacional das Mulleres. "Déixame un pouco de alento,/ pon toda a forza que teñas. / Hei de rachar o silencio/ para saírmos polas fendas", é unha das estrofas deste tema composto na súa letra e música por Alba María, a máis nova do grupo de cantoras que comparten o proxecto promovido pola Deputación da Coruña.

No acto de presentación, que se desenvolveu na sede da Deputación da Coruña, a vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura, Goretti Sanmartín, destacou o entusiasmo das oito mulleres que participaron na iniciativa, unha mostra da "sororidade" das voces que se comprometeron neste proxecto para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. "Trátase dunha letra de sororidade, de unión e moita forza, duns "hemisferios" dos que fala a canción en que as mulleres temos voz e estamos xuntas", sinalou Goretti Sanmartín na súa intervención, en que presentou a algunhas das músicas participantes.

A vicepresidenta da Deputación explicou que a iniciativa busca celebrar o 8 de marzo "dándolle visibilidade a unha parte do moitísimo e variado panorama musical que temos en Galiza. Voces referentes, novas, de estilos diversos, desde a música tradicional ao jazz... e con componente lúdico-reivindicativo". "Porque non podemos permitir que nos rouben a alegría, a canción, a palabra, a emoción, todo o que queremos transmitir neste videoclip", dixo na súa intervención.

Coñecernos para avanzar

"A canción fala da aceptación das nosas diferencias, da nosa diversidade, que conduce á aceptación de nós mesmas, non só de maneira individual senón como grupo. Só se nos coñecemos verdadeiramente podemos chegar a avanzar", afirmou Alba María, a máis nova das participantes e tamén a autora da letra e a música da canción.

Entre as voces da canción atópanse nomes con décadas de traxectoria como Pilocha ou Uxía, que tamén tomou parte na presentación e destacou a calidade da canción escrita por Alba María e do vídeo que xa se distribúe nas redes. "Trata de poñer en relevo a sororidade, a nosa unión, a nosa forza en tempos escuros. Así como a canción dá idea da visión luminosa da nosa unión mais tamén hai mulleres esclavas da cultura patriarcal que ás veces teñen que pagar coa súa vida", dixo Uxía ao tempo que defendeu o papel da música como "ferramenta importantísima para abrir camiños".

Mulleres no mar, no campo, restauradoras, deportistas... son as imaxes que se mesturan nun videoclip producido por Ziwa que intercala a interpretación da canción polas oito voces da música galega que, como Carmen Rey mostrou a súa satisfacción por "compartir esta magnífica canción, moi rica tanto a nivel harmónico como rítmico". Pola súa parte, Belem Tajes, a nova voz de Luar na Lubre, que relacionou a canción do 8 de marzo coa "música tradicional que gardan as mulleres da que somos herdeiras" apuntou antes de convidar a compartir a canción a través das redes sociais.

As músicas destacaron a "especial complicidade" que existe entre elas, o que queda á vista nas imaxes do videoclip e na conxunción de voces que se suman para esta #8mulleres8marzo que xa circula pola rede.

A canción pódese ver e descargar na seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/portada/

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...