Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, unha moción presentada polo Goberno provincial (PSdeGG-PSOE e BNG) instando ao Goberno de España "a permitir que as entidades locais reinvistan o seu superávit en 2017" a través "dunha autorización legal para ese reinvestimento que xurda da prórroga orzamentaria dos Presupostos Xerais do Estado". O superávit das entidades locais (concellos, deputacións e cabidos insulares) superará este ano os 4.500 millóns de euros, o 0,5% do PIB, segundo as previsións feitas públicas pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na reunión da Comisión Nacional de Administración Local.

O texto aprobado na sesión plenaria de hoxe lembra que a Lei de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira (LOEPSF) obriga aos concellos a destinar o superávit das contas municipais a reducir o nivel de endebedamento ou excepcionalmente, nalgúns casos puntuais que cumpran unha ampla serie de requisitos, a financiar investimentos financeiramente sostibles; unha excepción que en ningún caso deu satisfacción ás demandas municipais, que na súa gran maioría pretenden usar esas cantidades suplementarias para financiar servizos públicos de calidade, políticas de emprego ou programas sociais.

Os concellos cumpren

A moción referendada pola corporación provincial coruñesa apunta que os concellos e deputacións "convertéronse na administración máis cumpridora dos obxectivos marcados" polo Goberno de España, "son as únicas administracións con superávit, están saneadas e cumpren os seus obxectivos, pero non poden investir este aforro".

"A débeda local chegou este ano aos obxectivos do 3% fixados para 2020, con catro anos de adianto; o superávit das entidades locais achega ao cómputo de España medio punto do PIB e tamén cumpre co teito de gasto e paga en prazo aos seus provedores", afirma o texto do documento presentado polo executivo provincial, que considera "ineludible" que o Goberno atenda as demandas "xustas, razoables e necesarias" das entidades locais "para seguir poñendo os intereses da veciñanza por diante de calquera outro e continuar levando a cabo investimentos para o desenvolvemento e fortalecemento do Estado do Benestar".

137.000 euros para investigar como erradicar a vespa velutina

Durante a sesión plenaria de hoxe aprobouse tamén un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do cal a Deputación da Coruña achegará 137.378,82 para financiar un estudo de novos métodos para a contención e control da praga da vespa velutina na provincia, así como o estudo do seu comportamento e distribución territorial e a avaliación do impacto socioeconómico que supón a entrada en Galicia desta especie invasora.

Para a realización destas labores, a Deputación financiará durante 2017 a creación dun equipo de traballo multidisciplinar, no que participarán investigadores dos departamentos de Anatomía Patolóxica, Química Orgánica, Edafoloxía e Química Agrícola, Economía Aplicada e I+D+i da institución académica compostelá. Tamén se incorporarán as contribucións da Asociación Galega de Apicultura.

O grupo estudará novas alternativas de loita biolóxica contra a vespa asiática, entre elas a opción de control de praga mediante a inoculación de parasitos autóctonos; a distribución xeográfica e a caracterización dos hábitos e comportamentos desta especie e o impacto económico e social desta no territorio provincial.

Alternativas de loita biolóxica

Ao mesmo tempo, profundarase no estudo de novas estratexias alternativas de loita biolóxica contra esta praga, fundamentada na hipotética vulnerabilidade da Vespa velutina a determinados parasitos autóctonos dos himenópteros galegos.

A información obtida permitirá estimar a diversidade e abundancia de parasitos en diferentes especies de avespas e abellas e identificar se algún puidera ser patoxénico para a especie invasora e, polo tanto, susceptible de ser empregado para debilitar ou eliminar estas colonias. Unha ferramenta biolóxica desta natureza tería a grande vantaxe de non supor un perigo biolóxico para o resto da fauna galega, ao tratarse de organismos xa presentes no medio.

A creación dunha cartografía da distribución espacial desta especie invasora facilitará tamén as actuacións de prevención e erradicación, ao permitir focalizar os esforzos nas área xeográficas con maior risco. Ademais, esta información permitirá crear modelos estatísticos da evolución potencial da praga e da súa distribución baixo diferentes escenarios de cambio climático.

A Deputación agarda que estes traballos sirvan de base para a elaboración dunha estratexia conxunta e efectiva de loita contra esta especie invasora, a partir da cal a institución provincial pretende liderar unha acción na que se implique tamén a outras institucións e axentes sociais" como a administración autonómica, as restantes deputacións e universidades galegas ou as asociacións apícolas da nosa comunidade.

Xestión de visitantes en Caaveiro e Dombate

O pleno provincial aprobou tamén, por unanimidade de todos os grupos políticos, os convenios de colaboración entre a Deputación e os concellos de Cabana de Bergantiños e A Capela para a xestión da atención a visitantes do Dolmen de Dombate e o mosteiro de Caaveiro durante o vindeiro ano 2017.

A institución provincial destinará 60.000 euros para financiar o servizo de atención a visitantes do dolmen de Dombate a través dun convenio que contempla tamén o financiamento de actividades destinadas á protección, conservación, e posta en valor da "catedral do megalistismo" galego. Tamén se destinan parte dos fondos a seguridade e control de acceso e actividades culturais complementarias de música ou teatro como os ciclos "Inverno na memoria", "Primavera das letras", "Verán cultural" ou "Outono do patrimonio", que se desenvolverán no recinto.

No caso do mosteiro de Caaveiro, outra das xoias do patrimonio da institución provincial, a Deputación achegará en 2017 un total de 70.000 euros para financiar, en colaboración co Concello da Capela, o servizo de atención a visitantes e actividades culturais como o Encontro coa Historia, un evento de ambientación escénica na que se recrean pasaxes da historia con actos paralelos de entretemento e divulgación cultural, ou a segunda edición de Noite no Mosteiro, que enxalza a arquitectura do cenobio e o enclave único que o rodea, nas Fragas do Eume, con actividades como concertos e exposicións.

2,4 millóns de euros en mellora de estradas

O pleno da Deputación aprobou tamén, por unanimidade de todas as forzas políticas, un investimento de 2,4 millóns de euros para mellorar estradas e crear novas sendas peonís nos concellos de Valdoviño, Camariñas, Toques, Melide, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Vilasantar, Carral e Lousame.

Os proxectos aprobados son os seguintes:

Ampliación e mellora do trazado da DP 2502 de Valdoviño a Cerdido (Valdoviño)- 988.738,80 euros

A Deputación achega 988.738,80 euros para a execución das obras de ampliación da estrada DP-2502 entre os PK 3+000 e 5+600 e o ramal secundario no PK 5+600. A calzada actual dispón dun ancho aproximado de cinco metros. A actualización contempla unha lonxitude de 2.600 metros no trazo principal e uns 200 metros do ramal secundario situado no PK- 5+600. Iniciarase no Lugar do Portedoso e discorrerá polo núcleo rural de Vilaboi, chagando ata o embalse das Forcadas. Cara o final do novo tramo producirase un estreitamento da calzada da beiravía debido á proximidade das casas. Nese caso procederase á sinalización axeitada.

Mellora na Travesía de Souto da estrada DP 4604 (Toques) - 225.556, 78 €

A Deputación achega 225.556, 78 euros para remodelar a actual travesía de Souto mediante a demolición das beirarrúas actuais e a súa substitución por novas beirarrúas de formigón, que mellorarán as condicións de accesibilidade. Inclúese a ampliación do ancho no punto quilométrico 7+075, actualmente moi estreito e pouco accesible e tramos de senda peonil naqueles tramos nos que actualmente non existe paso habilitado para peóns. Tamén se inclúe a dotación dunha nova capa de rodaxe á calzada.

Reforzo de firme na estrada DP-4604 nos concellos de Toques e Melide 339.073,59 €

A Deputación achega 339.073,59 euros para financiar a obra consistente en reforzar o pavimento da estrada DP-4604 en dous tramos: PK 1+ 110 -3 + 710 e PK 4+630-6+730, rehabilitando os deterioramentos no firme actual. Nas zonas con presenza de beiravías, realizaranse fresados previos ao estendido da nova capa de rodadura. O reforzo consistirá nunha capa de rodadura en mestura bituminosa en quente. Inclúese a sinalización horizontal da estrada.

Sendas peonís e pavimentación de sobreanchos nas estradas provinciais dentro do municipio de Abegondo- 119.719,17 euros

A Deputación achega 119.719,17 euros para financiar as obras de mellora da seguridade vial na estrada DP-0101, consistente en pavimentar os sobreanchos existentes entre a calzada actual e unha senda situada a 1,20 metros de esta, entre os PK 1+500 e PK 1+970 e se executará unha nova senda en formigón de 1,80 metros de anchura entre os PK970 e 2+190. Na estrada DP-0105 executarase unha senda entre os PK 12+170 e 12+750, pavimentada en formigón para a recollida de pluviais, pavimentándose os sobreanchos ata a calzada actual.

Construción dunha senda peonil e mellora da seguridade viaria na DP-0105 nos municipios de Bergondo e Betanzos- 122.523,09 €

A Deputación achega 122.523,09 euros para financiar as obras de execución dunha senda con pavimento en bituminosa entre o PK 0+280 e o PK 1+200, enlazando coas beiravías existentes no lugar de Viuxa – Cortiñán, que mellorará a seguridade viaria dos peóns. Inclúese a canalización de pluviais.

Aprobación das obras de ensanche e mellora da seguridade viaria da DP 9001 de Présaras ao lugar de Vilariño no Concello de Vilasantar - 90.051,33 euros

A Deputación achega 90.051,33 euros para o ensanche e mellora da DP 9001 no tramo da vía dende o PK 0+000 ao PK 0+500, que consistirá na ampliación de 4,5-5 metros da calzada existente a unha plataforma de 6 metros que favoreza así, un correcto cruce de vehículos. Incluirase a pertinente sinalización horizontal.

Aprobación das obras de reurbanización e mellora da seguridade viaria na DP 1704 no Concello de Carral- 50.058,64 euros

A Deputación achega 50.058,64 euros para reurbanizar a DP 1704 no Concello de Carral. A obra consiste en demoler un inmoble, situado na zona do obxecto do proxecto principal de reurbanización e mellora, en estado de deterioro, obtido por esta Deputación por cesión, coa finalidade de eliminar o estreitamento que produce actualmente na vía que evita dispoñer dunha beirarrúa accesible que permita unha adecuada seguridade do peón e do vehículo.

Acondicionamento da DP 1603 a seu paso pola Travesía da Ponte do Porto (Camariñas)- 440.491,11 euros

A Deputación achega 440.491,11 euros para financiar as obras de acondicionamento do tramo de estrada comprendido na travesía da Ponte do Porto, actualmente con deficiencias, ao obxecto de mellorar a seguridade viaria do seus usuarios: vehículos e peóns. Inclúense o fresado e reposición de pavimento de estrada, a demolición e posterior execución de beiravías con redistribución de espazos, a delimitación de novas prazas de aparcamento, a mellora da rede de pluviais, alumeado e mobiliario.

Aprobación das obras da senda peonil e mellora da seguridade viaria en Aldea Grande DP 4201 Portobravo a Confurco (Lousame) - 304.174,01 euros

A Deputación achega 304.174,01 euros para a construción dunha senda peonil no tramo comprendido entre os PK 3+550 e 4+020, nas inmediacións do núcleo de Aldea Grande, logo da ampliación previa da calzada actual dos 4-5 metros existentes aos 7,5 metros. A senda pavimentarase en formigón, canalizaranse pluviais e repoñeranse os servizos afectados. Faise necesaria a expropiación de terreos.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...