Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Deputación da Coruña saca a licitación, por 2,5 millóns de euros, as obras de acondicionamento da residencia do centro Calvo Sotelo, destinadas a adecuar estas instalacións ao seu futuro uso coma aloxamento público universitario da cidade herculina.

Unha vez elaborado o proxecto técnico por parte dos arquitectos Mª Isabel González e Sergio Louzán Saavedra, o Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de contratación das obras que se acometerán no histórico centro dependente da Deputación, situado na rúa Archer Milton, no barrio de Labañou, e que este ano vén de cumprir o seu 60 aniversario.

Os traballos repartiranse en dúas fases, dotadas con 962.951 e 1.553.421 euros de orzamento, respectivamente.

Co acondicionamento deste novo aloxamento, a Deputación pretende dar resposta á demanda dun crecente número de estudantes que cursan estudos na Universidade da Coruña (UDC), e que actualmente carecen de residencia pública na cidade. A través dun convenio coa UDC, a institución provincial cederá un espazo de 2.212 metros cadrados no centro Calvo Sotelo por un período de 10 anos (prorrogable por outros cinco), financiará os traballos e encargarase da dirección técnica dos mesmos. Pola súa banda, a Universidade asumirá os gastos de funcionamento e mantemento dos espazos unha vez cedidos e velará pola súa adecuada conservación.

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, manifestou que espera que "pronto comece a facerse realidade neste edificio un vello soño, un proxecto ambicioso e longamente demandado pola sociedade coruñesa: a creación dunha residencia pública para estudantes universitarios" e subliñou que o Calvo Sotelo "seguirá contribuindo así no futuro a dar aos nosos mozos oportunidades de acceso á educación, tal e como ven facendo dende hai máis de seis décadas".

Acondicionamento de 88 habitacións dobres

O proxecto elaborado pola Deputación contempla a reforma das 60 habitacións dobres situadas na primeira e segunda planta, e a habilitación dun mínimo de 28 máis. Estas 88 dependencias terán unha superficie aproximada de 20 metros cadrados, contando con armarios empotrados e baño propio con dous lavabos, ducha e retrete. Deste modo, demoleranse os baños comunitarios actuais e transformarase este espazo en zonas comúns de convivencia, ocio e traballo.

As actuacións financiadas pola Deputación tamén inclúen a reforma integral das instalacións de calefacción, iluminación, ventilación, fontanería e saneamento. Para mellorar a eficiencia enerxética, renovarase a caldeira e instalarase un panel solar de 2 metros cadrados.

Así mesmo, acometeranse melloras na accesibilidade do edificio coa incorporación dunha rampla de acceso e a adaptación do ascensor, garantindo a circulación das persoas con mobilidade reducida. Ademais, o proxecto contempla a creación dun novo acceso ao edificio desde a praza situada ao este, fronte ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).

Tamén se construirá unha nova escaleira de evacuación lateral e disporanse os equipos e instalacións adecuados para facer posible o control e a extinción de incendios, así coma a transmisión da alarma aos ocupantes, para que poidan abandonar ou alcanzar un lugar seguro dentro do edificio en condicións de seguridade. Entra estas medidas, atópanse a instalación dunha rede de detectores de incendio de tipo ópticos, e bocas de incendio e novos extintores.

O prazo de presentación de propostas das empresas interesadas en realizar as obras está aberto ata o vindeiro 12 de decembro, a través do rexistro xeral da Deputación.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos...