Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Oitenta anos despois de que encabezase o golpe de Estado que marcaría o inicio dunha ditadura que duraría corenta anos, Francisco Franco continúa a ser Fillo predilecto da Provincia da Coruña, Presidente de honra da Deputación da Coruña, entre outras distincións que se acordará que se retiren no pleno do vindeiro día 29 de xullo. O pleno terá lugar o día despois da homenaxe institucional a membros da Deputación e das corporacións municipais que foron vítimas da represión franquista. Na siguiente sesión podería quedar sen título Cristobal Colón como descubridor das américas ou Santiago sen o de Apostolo e postos a quityar os galegos e galegas perderán seus antepàsados celtas...

As actas dos plenos da Deputación da Coruña conservan os honores e distincións que a corporación aprobou para homenaxear a Francisco Franco. O vindeiro día 29 de xullo, a acta recollerá a retirada das distincións ao home que encabezou o golpe militar para se converter no Xefe do Estado dunha ditadura que durou case corenta anos. A iniciativa será aprobada no vindeiro pleno co apoio de todos os grupos segundo se acordou na xunta de portavoces.

O día 15 de xullo de 1939 o pleno da Deputación da Coruña nomeaba Fillo predilecto da provincia a Francisco Franco. Era o primeiro dos honores ao que, nos seguintes anos, se había de sumar a medalla do excombatente galego, proposta de creación do galardón aprobada na sesión do día 31 de agosto de 1943 e o nomeamento de Presidente de honra ao que o pleno lle daría o visto bo o 15 de febreiro de 1944, título que sería ratificado o día 15 de xullo de 1945.

O pleno do vindeiro 29 de xullo de 2016, cando se cumpren oitenta anos do golpe militar que deu inicio da durísima represión, mostrará a vontade dos grupos con representación de retirar ao ditador os honores que aínda mantén na institución.

A iniciativa, que promove o goberno da Deputación, é critica coa carencia no Estado español "dunha auténtica política publica da memoria que permita o coñecemento da verdade histórica, a reparación e rehabilitación das vítimas, o exercicio da xustiza e a suspensión da fenda e das feridas físicas e morais causadas polo levantamento militar e a ditadura".

Lembra que xa o 30 de decembro de 2015, o pleno da Deputación aprobou unha moción de condena e o rexeitamento, sen paliativos, do golpe de Estado de xullo de 1936 que deu inicio á represión, así como da ditadura do xeneral Franco imposta a seguir. O texto que será aprobado no próximo pleno como declaración institucional mostra a vontade da " eliminación, supresión ou anulación de todas as honras e distincións concedidas pola Deputación da Coruña a Francisco Franco Bahamonde".

O día despois da homenaxe ás vítimas

A declaración refírese ao levantamento militar encabezado por Franco como a orixe en Galicia dunha "cruenta e brutal represión, que se materializou no asasinato de máis de 5.000 persoas e noutras múltiples formas de violencia física". Vítimas desa violencia foron tamén alcaldes dos concellos da Coruña, concelleiros e concelleiras e membros da Deputación como o seu presidente López Bouza ou o seu vicepresidente Ánxel Casal que serán protagonista dunha homenaxe institucional que se lle tributará na sede da Deputación o vindeiro día 28, a véspera do pleno que aprobará o inicio do proceso de retirada dos honores a Francisco Franco.

Entre outros membros das corporacións municipais, no acto lembrarase de alcaldes como Xaime Quintanilla de Ferrol, Juan Manuel Vidal, de Arzúa, Tomás López Datorre de Betanzos, Manuel Fernández de Cedeira, Ramón Souto, de Fene ou Antonio Fernández, de Sada, entre outros cargos institucionais represaliados con resultado de morte despois do golpe militar de 1936.

En las orgías del Partido Popular drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

A dos años de legislatura de los alcalde de las MAREAS "nada que ver con PODEMOS", se han jactado a diario de sus fiestas políticas en sus horarios laborales, viajes...