Información
A Coruña

A Deputación presenta o programa DAC_EstadíasColón como avance da nova convocatoria de residencias artísticas

Información
13 Abril 2016 4084 votos

A área de Cultura da Deputación e o Teatro Colón preparan conxuntamente unha convocatoria aberta a compañías e artistas para residencias artísticas no Teatro Colón e, como anticipo, presenta o programa DAC_EstadíasColón que leva de xira por distintos concellos da provincia os tres últimos espectáculos que naceron no teatro da Coruña dependente da Deputación.

"Con este novo programa iniciamos unha dobre vía de apoio ás compañías, por unha banda á propia creación e desenvolvemento de proxectos e, pola outra, propiciando a itinerancia dos espectáculos cunha xira por concellos promovida pola Deputación", explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, na presentación de DAC_EstadíasColón, programa en que participan Caramuxo Teatro, Quique Peón e Javier Martín, protagonistas dos tres últimos espectáculos estreados e preparados nas instalacións do Teatro Colón.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....