|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
|
Composto por 4 espectáculos, 4 conferencias e 4 videoproxeccións, FAI achegará o labor integrador de asociacións como ONCE ou O Pelouro a través das Artes Escénicas como o teatro, a música e a danza
|
|
“Nun escenario todos somos artistas e se nos mira como tal: cos mesmos esforzos, vontades e sentimentos na procura dun obxectivo común: o goce do público”. Baixo esta premisa nace FAI, o primeiro Festival de Arte e Integración que se desenvolverá o vindeiro 27 de febreiro na Coruña, co- organizado por EXPOCoruña e Experimentadanza e que presentouse na mañá de hoxe.
Arte e Integración da man
FAI mostrará as propostas de Artes Escénicas e Musicais que facilitan a integración social por parte de profesionais vidos de diversos puntos de España. “Con este proxecto non só pretendemos achegar determinado tipo de arte a todos os públicos; tamén buscamos mostrar a superación e o traballo por romper as barreiras e estereotipos”, declarou Ana Montes, Directora Xerente de EXPOCoruña durante a presentación.
Na mesma liña se pronunciou Carlota Pérez, Directora de Experimentadanza e Coordinadora de FAI. “Un escenario supón un enlace entre un artista e o público. Mediante o teatro, a danza ou calquera outra manifestación artística, se consigue integrar e normalizar a situación de persoas que encontran nesta vía outra forma de comunicar”.
Esta primeira edición de FAI representa un punto de inflexión no labor de asociacións e profesionais como ONCE, O Pelouro ou 5S que buscaron durante anos unha nova forma de integrar, de prestar atención e importancia a todo o mundo por igual, sen mirar condicións ou circunstancias e ofrecendo as mesmas oportunidades e dereitos. FAI, en definitiva, é unha loita pola igualdade.
Programa de FAI*
Disciplinas como o teatro, a música e a danza uniranse nun só día para crear unha vía aberta e comunicadora acerca de algunhas iniciativas integradoras que se están realizando en España. Ademais, completando o programa, se celebrarán mesas redondas e conferencias a cargo de expertos que verán dende diferentes puntos de España e nas que poderán participar tanto profesionais para mellorar a súa experiencia, como público xeral interesado nesta temática.
HORARIO UBICACIÓN TÍTULO A CARGO DE
10.00-11.00 Auditorio EXPOCoruña Conferencia 1: Integración Social
a través da Arte Vicente Galaso e Silvia Longueira
11.00-12.00 Auditorio EXPOCoruña Conferencia 2: Proxecto
educativo: O Pelouro Teresa Ubeira e Juan Llauder
PAUSA CAFÉ
12.30-13.30 Auditorio EXPOCoruña Conferencia 3: Conferencia O.N.C.E Víctor Duplá
13.30-14.00 Auditorio EXPOCoruña Espectáculo 1: O Vello Sorriso Alumnos Obradoiro
Experimentacultura
FIN JORNADA DE MAÑá
17.00-18.00 Auditorio EXPOCoruña Espectáculo 2: Míranos e Camiñando 5S
18.00-19.00 Galería EXPOCoruña Espectáculo 3:Proxecto
Movementos en Ruta Eudanza
19.00-20.00 Auditorio EXPOCoruña Videoproxeccións
20.00-21.00 Auditorio EXPOCoruña Conferencia 4: Mostra e Mesa
Redonda: Illados Vicente Galaso, Pilar Mingote
e presos das cárceres
21.00-22.00 Auditorio EXPOCoruña Espectáculo 4: Proxecto de teatro
La Luciérnaga: Mi pueblo Víctor Duplá
* Ver dossier adxunto
Prezos de acceso
25€ - entrada Conferencias + Espectáculos+ Videoproxeccións
3€ - entrada Espectáculos
Nenos de ata 12 anos, entrada gratuíta
Sobre EXPOCoruña
EXPOCoruña nace en 2008 como novo axente socioeconómico da Coruña e Galicia. A súa actividade durante estes dous anos levouna a organizar máis de sesenta eventos de diferentes temáticas entre os que destacan feiras, salóns, proxectos socioculturais e incluso deportivos. Destacan no seu calendario eventos de produción propia coma o showroom de moda urbana e emerxente
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscador y Directorio Xornal Galicia
|
Xornal
Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información
noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Concellos de Galicia · ¿ Titulares ?
Del Mundo
Enviar esta noticia a:

¿ Que e esto ?
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil
|
|
|
|
 |
| |
|