|
 Unha homenaxe que o Foro da Terra Galega rende, desde a súa fundación hai dez anos, a galeg@ residentes en Cataluña que ao longo da súa traxectoria persoal e profesional destacaron na promoción e difusión da Galicia, dos seus produtos e da súa cultura.
Este ano 2010 no que o Foro da Terra Galega celebra o décimo aniversario considerou facerlle honra a un dos empresarios da hostalería galega en Cataluña de máis recoñecido prestixio, a quen, sen lugar a dubidas, podemos consideralo como o baluarte da gastronomía galega ademais doutras actividades empresariais nas que na súa marca persoal, sempre atopamos a “G” de Galicia.
Cándido Iglesias Barciela, nace na localidade de Guizán (Pontevedra) alí a beira do aeroporto de Vigo, pasa os seus primeiros sete anos de vida ata que a súa familia se traslada a Ourense, cidade na que o seu pai rexenta unha Fonda na Avenida de Portugal, “aí naceume a miña afición pola hostalería”. O seu espírito aventureiro levoulle a que aos catorce anos, collera a maleta para ir a percorrer mundo.
Na estación de Ourense cando ía a cólle-lo tren para Madrid, de súpeto mudou de idea e colleu destino a Barcelona, na compañía dunha maleta e catro pesetas, e despois de 36 horas de viaxe no “Changai”, chega á Cidade Condal na que comezou a traballar na hostalería. O seu espírito emprendedor e rigor profesional logo o levou a converterse en empresario do sector, chegando a rexentar a flor e nata da Hostalería Galega en Cataluña.
Os seus restaurantes Rías de Galicia, a Cañota e Panduriño, entre outras empresas que rexentou son o máximo expoñente d a gastronómica galega de fóra de Galicia. Xa en 1996 cando se fixo cargo da presidencia da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX) nos confesaba nunha entrevista que fixemos, “…a miña ilusión era a meta que agora teño; crear una familia que é do que máis orgulloso me sinto, una familia unida e cun medio de vida que nos da para vivir ben a todos…”. Hoxe sigue valorando a familia como a mellor inversión que fixo, e o seu investimento en cariño como o mellor capital recolleito.
Casado e con tres fillos completamente integrados nas empresas familiares, actualmente atópase nun momento de proxección no futuro. Membro das principais asociacións hostaleiras, a súa máxima foi sempre defender o galego no exterior. Nestes momentos preside e dirixe o “Holding Candigles” no que se aglutinan as empresas familiares: Rías de Galicia, Hostalaría Fogo, Marisqueiro Panduriño e Guizamba (Sociedade de Investimentos Inmobiliarios), así como a cadea de restaurantes “Punto G”, o proxecto máis recente, xunto con “Gastrojoyería”, un servizo de catering de alto standing. A maioría delas pertencen ao sector da restauración. A máis antiga, Marisqueiro Panduriño, creouse nos anos 70 e en pouco tempo consagrouse como un dos restaurantes galegos de éxito en Barcelona. Cándido Iglesias e a súa muller, Purificación Fernández, apostaron en 1986 pola creación de Rías de Galicia, actualmente unha das marisquerías máis visitadas da cidade, con abundantes premios e galardóns no seu palmarés, en 1992 abriu as súas portas Brasería Cañota que, seguindo a mesma liña de calidade que os anteriores, supuxo a ampliación da oferta gastronómica de Cándido Iglesas. A creación do “Holding Candigles” que aglutina tódalas súas empresas, é a súa aposta polo futuro, con novos proxectos, como a creación hai pouco máis de dous anos da “Cadea de Restaurantes “ Punto G”, (G de Galicia) que a familia Iglesias emprende con ilusión e co aval de máis de cinco décadas de experiencia neste sector fixeron que os obxectivos ata agora fixados sexan unha realidade.
No mundo asociativo foi e é promotor e participe de diversas asociacións: Membro dos Amigos da Cociña Galega, fundador do grupo de restaurantes Mareusa, organizadores da “Semana da Cociña Galega en Cataluña, fundador e presidente ata 1999 da Enxebre Xuntanza do Percebe, organizadores de “La Gran Noche de Galicia en Barcelona” . Foi presidente da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña e Andorra de 1993 ata 2000 e presidente de FGAEX (Federación de Empresarios Galegos no Exterior de 1995 ata 1998, membro profesional Magister da Asociación Maxistral de Gastronomía; Membro de Grup 25 Barcelona, organización que aglutina aos 25 mellores restaurantes que representaron a Cataluña na Expo de Sevilla -onde foi galardoado co Recoñecemento á mellor calidade- e Zaragoza. Ademais tanto a nivel persoal como empresarial sempre estivo á beira da Colectividade Galega en Cataluña, colaborando e apoiando economicamente a proxectos culturais que as asociacións galegas levan a termo.
Ao longo da súa traxectoria profesional, Cándido Iglesias recibiu numerosos premios e condecoración: Premio Nacional de Gastronomía en 1987 e Medalla de Prata 1996 (Xunta de Galicia); Óscar á Popularidade en 1988; Colar da “Chaîne deas Rostisieres”; Prato de Ouro (1988 e 1989); Colar de Ouro (1989); Gran Colar da Gastronomía Internacional; Colar de Encoménda Nacional de Gastronomía en Portugal; Medalla ao Mérito Turístico da Xunta de Galicia (1989); Caballero da Orde de San Miguel das Viñas; Centola de Ouro O Grove (1994); “Membre Gourmet desgustateur” ; Premio ao mellor Restaurante Galego no Exterior (Xunta de Galicia, TVG, 1996); Alvariñense de Honra de Cambados (1996); master da Cociña Trofeo de Pesca (Madrid, 1997); cabaleiro da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago (1998); Tenedor de Ouro O Xornal (1998); medalla ao Mérito Profesional (1998); membro de Restaurantes da Boa Mesa (1999); membro da Enxebre Orde dá Vieira; cabaleiro dá Lúa Rivababia (1999) e Gran Colar de Ouro Radio Turismo- (2000).
Ademais nos últimos tempos a súa teima pola conservación da natureza levouno a crear en Cataluña a Asociación “Amigos da Marronda” un espazo natural situado no Concello de Baleira (Lugo) de onde é natural a súa muller, converténdose así no seu principal divulgador, por este motivo o Concello de Baleira fíxoo Fillo Abdotivo, galardón do que el se sinte máis ilusionado.
Por Antonio Díaz Fernández
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscador y Directorio Xornal Galicia
|