|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
|
Laura Seara critica a privatización sen concurso público feita a dedo e considera “escandalosa e reprobable” o silencio da Xunta de Feijóo sobre a operación, presuntamente expeculativa
|
|
|
A portavoz de Políticas Sociais e Igualdade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Laura Seara, advertiu hoxe que o Instituto Nacional de Asociacionismo e Economía Social de Arxentina –Inaes- considera “ilegal” a privatización do Hospital Galego de Bos Aires. A parlamentaria socialista formulou unha Interpelación parlamentaria na que reclamou á conselleira de Sanidade que explique “por qué privatiza o centro investindo 28 millóns de euros sen concurso público”.
Seara sinala que este organismo arxentino que lexisla e controla a economía social das mutuas considera que a cesión por parte da Xunta á empresa Recoletas, beneficiaria da privatización, é “irregular porque o acordo entre o Centro Galego e a Fundación Galicia Saúde sinala que o hospital é intransferible”. Esta situación podería supor que o hospital “perdera a condición de mutua e pasaría a tributar como un sanatorio privado”.
Seara volveu a acusar hoxe á Xunta de “regalar” o hospital do Centro Galego de Bos Aires a unha “empresa amiga” e denunciou que a conselleira “evitou responder ás dúbidas que presenta este proceso de privatización irregular”.
Criticou esta privatización de “máis que dubidosa legalidade” cun investimento de 28 millóns de euros “sen concurso público e conculcando o contrato dunha institución que é “un símbolo para a historia de Galicia”. Acusou ao PP de “auspiciar un negocio perfecto” privatizando o centro sen concurso público por 3,1 millóns de euros anuais durante nove anos cando ofrecerá uns beneficios de 7 millóns anuais.
Criticou que a Xunta pretende “regalar cartos” á empresa A3 Recoletas –beneficiaria da concesión- investindo 28 millóns de euros en total cando durante a pasada lexislatura, e con xestión pública, percibiu 11,7 millóns de euros, menos da metade do que costará a partir de agora. Sinalou ademais que a devandita empresa “de acordo co Rexistro Mercantil dedícase á adquisición, tenencia e enaxenación de bens inmobiliarios”.
Acusou á Xunta de ter un “plan perfectamente trazado e calculado para privatizar o centro” mobilizando “toda a maquinaria política e económica do Goberno galego para dividir ao padroado do Centro Galego, mentres intentaba afogar á Fundación Galicia Saúde non remitindo as axudas económicas comprometidas” cunha actitude “máis preto da familia Soprano que dunha xestión pública”.
Criticou tamén a “deslealdade” do Goberno galego ao “agochar as melloras aplicadas polo goberno socialista convertendo o centro nun hospital especializado de referencia, ademais dun hospital universitario”. Dixo que os responsables da Xunta “escudáronse para a privatización nos datos dunha auditoría que foi encargada ao propio grupo Recoletas, beneficiario da operación”.
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscador y Directorio Xornal Galicia
|
Xornal
Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información
noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Concellos de Galicia · ¿ Titulares ?
Del Mundo
Enviar esta noticia a:

¿ Que e esto ?
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil
|
|
|
|
 |
| |
|