|
 O portavoz do BNG na Comisión de Industria do Parlamento Galego, Henrique Viéitez, denunciou hoxe en rolda de prensa que “as grandes empresas eléctricas estanlle marcando a folla de ruta ao Goberno de Núñez Feijó na política eólica”.
O deputado nacionalista asegurou que “o PP non sabe cómo sair das súas propias mentiras” e emprazou ao presidente da Xunta a que “nos diga dunha vez cal é a ilegalidade que estaba implícita na resolución do concurso eólico, e sobre todo que nos día a quen hai que adxudicarlle os parques”. Denunciou que, pasados catro meses dende que asumiron o goberno, “cada día que pasa co proceso paralizado, Galiza está a perder moito”.
“Se basearon a súa campaña eleitoral en denunciar que o Decreto Eólico era ilegal, por qué non nos din onde están as ilegalidades?”.
Viéitez subliñou que “se o decreto eólico tiña falta de legalidade, como xa denunciaban en precampaña eleitoral, xa deberían ter detectado esas eivas, senón non ten sentido que o proceso estea paralizado dende hai máis de 4 meses”.
Neste sentido, o deputado do BNG atribuiu esta demora a que “o Goberno do PP precisa tempo para saber cómo van ser capaces de sair de forma mínimamente digna do abrazo do oso que lle deu a Feijóo o presidente de Iberdrola o día da súa toma de posesión ou das declaracións do presidente de FENOSA-GAS NATURAL demandando máis participación eólica trala paralización do concurso”.
“O que se demostra, en todo caso, -advertiu- é a dependencia do PP dos promotores da mentira e que están a ser as grandes empresas eléctricas as que lle están a marcar a Núñez Feijóo a folla de ruta do Goberno galego no tema eólico”.
“A paralización do concurso eólico está a causar moito dano a Galiza, tanto en creación de emprego como na oportunidade de acollerse ás primas eólicas”.
Por outra parte, Henrique Viéitez subliñou que “non da igual que o proceso eólico sigua paralizado uns meses máis porque total, xa chegamos tarde, como asegura Núñez Feijóo”.
O deputado do BNG denunciou que esta parálise “non só está a poñer en perigo a independencia enerxética de Galiza, senón sobre todo os proxectos industriais asociados aos parques eólicos, e que prevían a creacion de 8.000 postos de traballo, un auténtico balón de osíxeno para a economía galega en tempos de crise”.
Ademais, lembrou que “sectores aos que se adxudicaron parques eólicos no concurso feito polo Goberno Bipartito, como o lácteo ou as conserveiras, poden ver en perigo a súa continuidade se o Goberno do PP lles quita as adxudicacións eólicas”.
A paralización do proceso retrasa que as arcas galegas poidan ingresar unha media de 15 millóns de euros
Lembrou ademais que a participación pública do 14,7 % que estableceu a anterior Consellaría de Industria, liderada polo BNG, “suporía uns ingresos anuais duns 15 millóns de euros para as arcas públicas, unha cantidade nada desdeñábel nun momento que estamos a falar do financiamento autonómico”.
Por último, Henrique Viéitez advertiu de que a paralización “impide que os adxudicatarios dos parques eólicos se poidan preinscribir no Rexistro de Primas Eólicas, e polo tanto sitúanos en inferioridade de condicións fronte a outras Comunidades Autónomas”.
“Cada día que pasa Galiza perde. Se falaban de ilegalidades na campaña eleitoral que as resolvan e, sobre todo, que nos digan a quen van agraciar co vento de todos os galegos e galegas”, concluiu o deputado do BNG Más sobre energía eólica Más sobre energía eólica
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscador y Directorio Xornal Galicia
|