Venezuela atreveuse a soñar un mundo non dictado polo pensamento único, comezando un cambio histórico baseado na loita por lograr a supervivencia :: Xornal de Galicia news noticias y actualidad de Galicia La Coruña Lugo Ourense Pontevedra :: Noticias de galicia sin manipulación desde la primera hasta la última noticia
Xornal Galicia | News, Noticias, Prensa, Buscadores, buscar toda la información de Galicia :: Diario digital Gallego: todas las noticias de Galicia en la red
La información sin manipulación desde la primera hasta la última noticia
    Accesibilidad  
 
  [ El Tiempo ]  48 Horas |  Galicia | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |  Agenda | Fotos | Televisión | Mobiles | Videos [ Hoxe]|    Mas Vistas  Mapa Web   Compras   Anuncios
  Inicio   Mundo  [ Buscadores ]  Internacional  Nacional  Economía  Sociedad  Cultura  Deportes   Marítima   Editorial   Entrevistas   Reportajes   Suplementos   Opinión  Ocio.
 
América Latina
Venezuela atreveuse a soñar un mundo non dictado polo pensamento único, comezando un cambio histórico baseado na loita por lograr a supervivencia
Xornal Galicia | Miércoles, 03 Diciembre, 2008 - 05:55
 
 
Para Carlos Tabares, a revolución bolivariana converteu o que antes era extraordinario para o pobo, en algo cotián, referíndose ós dereitos das clases populares na cobertura das súas necesidades humanas  


O Coordinador de Novos Contidos da canle estatal ViVe afirmou que “Venezuela atreveuse a soñar un mundo non dictado polo pensamento único, comezando un cambio histórico baseado na loita por lograr a supervivencia do noso pobo, a soberanía da nosa patria e a unidade da nosa América”


Trala presentación realizada polo director de Altermundo, Manoel Santos, que introducíu a temática da conferencia celebrada en Santiago dentro do ciclo “América Latina: Presente Indicativo”, do C.I.P., Carlos Tabares adentrouse no que definíu como “logros’ da revolución bolivariana en Venezuela. Así, afirmou que “en apenas 10 anos, a Revolución Bolivariana fixo transformacións estruturais significativas, con importantes avances políticos, económicos e sociais. Sen embargo, a mentira mediática e a permanente agresión imperial pretenden impedir que estes avances sexan exemplo e esperanza para moitos pobos que aínda seguen controlados poas dictatoriais leis do sacrosanto mercado”.

Venezuela –dixo- atraveuse a soñar un mundo non dictado polo pensamento único, comezando un cambio histórico baseado na necesidade impostergable de lograr a supervivencia do noso pobo, a soberanía da nosa patria e a unidade da Nosa América.




Previamente, Manoel Santos –director do Suplemento “Altermundo”- introducira a Conferencia falando das “continuas alusións que os medios de comunicación –pseudopúblicos e privados– do Norte global fan á falta de liberdade de expresión, ou mellor, á ausencia de liberdade de prensa na República Bolivariana de Venezuela, non deixan de abraiar e mesmo indignar a quen coñece o virtual pero vivo e activo mundo da comunicación alternativa e que, xa que logo, recibe información da outra parte. Esta outra parte é a cidadanía, á que durante décadas se lle negou a voz por parte dos poderes políticos e económicos, que concentraron á mantenta os medios de comunicación nunhas poucas de mans. Deste xeito, as informacións xeradas polos grandes grupos de comunicación, que funcionan as máis das veces como arietes da globalización, son rebatidas a miúdo con brillantez por unha boa cantidade de medios alternativos que cada día se espallan máis polo planeta. Neste eido, dende 2002 en Venezuela existe un Regulamento de Medios Comunitarios que permite ás comunidades, á xente, acceder aos medios –materiais e económicos–, para crear as súas propias canles de comunicación. Un exemplo de democratización da comunicación da que aquí, na suposta terra da liberade, estamos aínda a anos luz. Vive TV, cuxos piares están soportados en grande medida por xornalistas criados nos medios comunitarios, é un claro exemplo disto.”

Unha Constitución aprobada masivamente

Aprobada masivamente polo pobo en 1999, a Constitución da República Bolivariana de Venezuela converteuse nunha ferramenta “non para o control e a sumisión, senón para a liberación e o desenvolvemento do poder popular”. Ofreceu o conferenciante datos que avaliaron que era “una lexislación orientada a construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria que, dentro dunha concepción de corresponsabilidade Sociedade-Estado, sexa capaz de garantir o benestar social e o desenvolvemento pleno e digno da vida de todas e todos”.

Carlos Tabares falou do carácter estratéxico da loita no seu país, afirmando que “a loita pacífica e democrática é a nosa estratexia, baseada na participación activa das amplas maiorías nacionais, sempre excluidas e postergadas durante aquela falsa democracia, a democracia representativa do bipartidismo, que privilexou a uns poucos en detremento de moitos entre 1958 e 1998”.


Guerra mediática e sabotaxe

”A pesares da guerra mediática, o sabotaxe, a inexperiencia, as contradiccións internas e as enormes limitacións dun aparato de Estado desmantelado e controlado por intereses estranxeiros imperialistas case desde a súa fundación” –afirmou-, “esta Revolución fixo cotián o imposible”. Para elo, quixo relatar aqueles avances e conquistas logradas “neste mundo onde todo se compre e se vende”.

Fixo unha ampla exposición en materia de Sanidade, afirmando que “temos garantido a gratuidade da saúde, desenvolvendo un sistema de atención médica de primeiro orde distribuído en todo o territorio. O programa de vacunación masiva, entre outras medidas, permitíu reducir a taxa de mortalidade infantil. A Misión Barrio Adentro comprende asistencia médica, prevención, promoción, curación e rehabilitación da saúde con participación da comunidade. O 4,2 % do PIB é destiñado á saúde”.

As hipotecas bancarias en Venezuela: un cambio radical

Tamén se referíu ás hipotecas, porque “antes da chegada do Presidente Chávez, a banca inventou a concesión de Hipotecas que realmente hipotecaban a vida das persoas que as solicitaban, e non vían saída algunha no tempo; se deixaban de pagar a hipoteca, o banco no só se quedaba coa vivenda, senón que se quedaba co diñeiro que ata ese momento tiñan pagado”, dixo Carlos Tabares, aclarando que “unha das primeiras reformas que fixo o goberno de Chávez foi prohibir esa práctica bancaria, de tal modo que hoxe é obrigatorio conceder a hipoteca a quen teña traballo, e no caso de que chegado o momento non poida esa familia facer fronte á mesma, está absolutamente prohibido sacarlle a casa, salvo que a familia conte cunha segunda vivenda; e ademais, de ter que quedarse neste caso coa vivenda, o banco queda obrigado a devolver o diñeiro que ata ese momento leva pagado esa familia pola hipoteca”. Isto, afirmou Tabares, “son vantaxes fundamentalmente para a clase media, dado que os pobres non tiñan dereito nin a pedir hipoteca, e sen embargo, este tipo de logros non se contan nos medios de comunicación nin de alá, nin nos de fóra”.

Educación, seguridade social, seguridade alimentaria

No que atinxe ós ‘máis elementais dereitos sociais do pono venezolano, Tabares foi firme na súa explicación sobre outros logros fundamentais: “garantimos educación de balde e de calidade. A taxa de educación básica acada o 99,5 % de nenos e nenas. Coa implementación do método “Yo sí puedo”, convertemos a Venezuela nun territorio libre de analfabetismo. Máis dun millón de homes e mulleres estudan nas misións educativas. 6 millóns de venezolanos teñen acceso directo ás novas tecnoloxías. Investimos o 7% do PIB en educación. Garantimos a seguridade socia. O desemprego deminuíu nun 9,5 %. Os empregos xerados son produtivos. O salario mínimo é o máis alto de Latinoamérica. Garantimos a seguridadealimentaria, incrementando nun 24 % a produción agrícola nacional”.

“Levamos 19 trimestres consecutivos de crecemento económico”

Non faltaron as alusións ós organismos internacionais. Carlos Tabares explicou que “conseguimos deslastrarnos de todo compromiso co Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, reducimos a débeda pública e levamos 19 trimestres consecutivos de crecemento económico. Rexeitamos categóricamente o Tratado de Libre Comercio (TLC) e a Área de Libre Comercio das Américas (ALCA) e propulsamos a Alternativa Bolivariana para América Latina e O Caribe (ALBA), unha proposta de integración diferente. Mientras o ALCA responde ós intereses do capital trasnacional e persegue a liberalización absoluta do comercio de bens e servizos e inversións, o ALBA pon o énfase na loita contra da pobreza e a exclusión social e, polo tanto, expresa os intereses dos pobos latinoamericanos”.

Vivenda para todos e todas

Continuou repasando as conquistas que dende o mandato de Hugo Chávez vive o pobo venezolano, conquistas que son recollidas nas novas leis aprobadas polo actual goberno bolivariano: “Igualmente, lexislouse para garantir o acceso á vivenda para todos e todas as venezolanas, a defensa do ambiente, o desenvolvemento agroecolóxico e socioprodutivo, fortalecendo a independencia e soberanía en áreas estratéxicas e contando, para elo, coa participación protagónica dos Consellos Comunais, órganos directos do Poder Popular”.


Os recursos enerxéticos ó servizo dos países con menos recursos e máis necesidades

Rematando a súa conferencia, referiuse a un tema fundamental en Venezuela, y no mundo, como son os recursos enerxéticos: “Desenvolvimos ademais, unha política internacional de integración, solidariedade e cooperación, inspirada no soño bolivariano, compartindo cos pobos hirmáns as experiencias das misións sociais, ferramentas fundamentais para resolver as enormes dificultades en saúde e educación.Igualmente, hoxe, os nosos recursos enerxéticos están ó servizo dos países con menos recursos e máis necesidades”.

Finalmente, dixo, “somos exemplo de que se comezou un cambio de época en América Latina, demostrando que outro mundo xa é posible”.

Sobre Carlos Tabares

Carlos Eduardo Tabares Rivero (Caracas, 10/01/1974): é Licenciado en Artes Cinematográficas pola Universidade Central de Venezuela (2006). Desempeñouse como director de programación da Fundación Cinemateca Nacional de Venezuela e xefe de programación de Telesur e Venezolana de Televisión. Exerceu a crítica cinematográfica na revista Encuadre. Membro do comité de selección do 3º Festival Internacional de Documentais Amazonia 2007. Membro do comité de asesores para festivais de cine da distribuidora estatal Amazonia Films. Xurado no Festival Internacional de Documentais “Contra el silencio todas las voces”, México, 2008. Xurado do Festival Internacional de Cine Pobre de Gibara, Cuba, 2008. Actualmente exerce como Coordinador de Novos Contidos da canle educativa e cultural ViVe.

Carlos Tabares estudou na Universidade Central de Venezuela, na Facultade de Humanidades e Educación –Escola de Artes- e é licenciado en Artes, con Mención Cinematográfica. Estudou tamén no Instituto Universitario de Tecnoloxía Industrial “Rodolfo Loero Arismendi”, é Técnico Superior Universitario en Publicidade e Mercadeo, e actualmente traballa como Coordinador de Novos Contidos na canle estatal ViVe.

Ademais, a súa traxectoria laboral é densa: foi especialista en Programación en ViVe, Xefe de Programación en Venezolana de Televisión, así como en Telesur, a nova televisión do Sur. Na Fundación Cinemateca Nacional foi Director de Programación.




Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Añadir a Live Añadir a My Yahoo! Añadir a Wikio Añadir a google
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Añadir a Live Añadir a My Yahoo! Añadir a Wikio Añadir a google
Xornal Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información noticias y Actualidad las 24 horas
Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red
Recordar este sitio · · Concellos de Galicia ·

Enviar esta noticia a:

Add to BlinkList Digg It! Add to de.licio.us Add to Technorati Favorites Furl this! Add to Netvouz Simpify! Stumble It! Add to MyWeb Googlize This! Windows Live Favorites Agregar a Mister Wong Añadir a Menéame la noticia de galicia - A dimensión nacional de Galicia Añadir A Pizarra Web Start
   ¿ Que e esto ? ·   ¿ Titulares ? Del Mundo
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil desde xornalgalicia.com en Formato RRS y Wap
 
 
 
Opciones
 Imprimir
 Enviar

Enlaces relacionados

· Más sobre América Latina
· Otras noticias publicadas por redaccion


La noticia más leída en la sección

América Latina:

Ofrenda del "Altar de Muertos" en el Museo de América


Más leidas en otras secciones [+] »

Canales de noticias xml-rss
Noticias más leidas xml-rss
Última hora Xornal Galicia xml-rss -


Guía de servicios


Pdas Móviles Amena Orange Movistar Airtel


Nuestra iniciativa quiere que existan informaciones que no emanen de los gabinetes de comunicación de las grandes corporaciones públicas o privadas, que no son sucesos de obligada cobertura y que afectan a un gran número de personas, pero que en la mayoría de los casos no encuentran hueco en los medios convencionales. Pensamos que no sólo las malas noticias son noticia, que hay muchos hechos positivos e interesantes que merecen la pena ser conocidos.
Puede hacer sus comentarios o enviarnos una noticia a través de la:    Sala de Prensa


Todas las Noticias Hoy [+] »
Donde estaría mellor invertido nestes intres o seu voto
Outros
Terra Galega
Partido Popular de Galicia
Partido Socialista de Galicia
Bloque Nacionalista Galego
Votos : 2154
Resultados Detallados de la encuesta [+]
Hemeroteca de Noticias

 Anterior Enero, 2009 Siguiente 
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
Confidencial Xornal Galicia
Denuncias  [+] »   Corrupción  [+] »Videos [+] »
Subvenciones [+] »
134.950 euros ao fomento do asociacionismo municipal, a través de mancomunidades de municipios
Sucedió en Galicia [+] »
Colección de relatos, cuentos e historias que fueron realidad o podrían haber sido.....
 Mondo e outras historias »
 Un país a medio facer »
Galicia Encantada
Conversa con Fernando Arribas
Entrevistas
Estoy seguro de que mi sucesor será un español, y de forma inminente
Reportajes
Identificación molecular no invasiva evita la captura de los animales
Suplementos
As tabacaleras dannos o mesmo "veleno que se usa para matar ratas"
Cultura [+] » Celtic world [+] »
· El Festival de Música y los conservatorios de Canarias firman, por primera vez, un acuerdo académico y de investigación
· Más de 500 personas asistieron al estreno del cine en TEA
Deportes [+] » Náuticos y Pesca [+] »
· El Real Madrid gana y se coloca tercero tras el tropiezo del Sevilla
· Nadal defenderá su número uno en Doha
Economía [+] »
· Más de 63.000 jóvenes cobran ya la Renta Básica de Emancipación
· Banco confía en que la caída de precios de la vivienda esté "tocando ya suelo" y cree que la construcción se reactivará
Sociedad [+] » Foros [+] »
· Cáritas de la República Democrática del Congo ha denunciado una masacre perpetrada el día de Navidad
· UNICEF pide que se construyan escuelas más seguras en todo el mundo

[ Música Axenda Xuvenil ]  Quienes Somos  |  RSS News Feeds  |  Ayuda  |  Guía de servicios  |  Contacto |  Política de Privacidad  |  Publicidad  |  Alertas|  
www.XornalGalicia.com  | Accesibilidad |  Noticias  Novas  News www.xornalgalicia.es www.IndiceSiete.com   Empresas  Buscar noticia  Turismo Viajar
Xornal Galicia ·   © Copyright 2005 · Indice Siete ·   Depósito legal TF.1037/200-Todos los Derechos Reservados.All Rights Reserved.   Xornal Galicia © 2005     Estadísticas