|
 O Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncia, no Día das Letras Galegas, que o emprego do galego é aínda unha rareza na maioría dos medios de comunicación privados da Comunidade.
Hoxe día 17 de maio, as portadas dos principais xornais de Galicia saen á rúa maioritariamente en galego, como sucede tódolos anos por estas datas. O Sindicato valora positivamente este costume, pero entende que é unha práctica hipócrita.
A realidade do día a día é ben diferente, pois son moitos os afiliados do SXG que queren escribir máis noticias en galego pero que non poden facelo debido as políticas empresariais que favorecen o castelán en tódolas áreas temáticas que non sexan, sobre todo, cultura ou opinión.
Chamamento ás administracións
O Sindicato respeta a total liberdade das empresas para escoller o idioma no que publican. Sen embargo, o SXG pídelles ós medios un compromiso máis alá do puramente estético ou testimonial co galego, que tamén é a lingua de moitos dos seus empregados e da maioría da súa audiencia.
Asimesmo, esta organización lembra ós poderes públicos que unha das súas obrigas legais é fomentar o uso da lingua. Por iso, o SXG reclama ás administracións que o emprego regular deste idioma sexa, xunto coa erradicación da precariedade laboral, un criterio clave á hora de conceder as subvencións e as campañas de publicidade que, con cartos públicos, sirven para financiar ás empresas da comunicación.
Touriño, sumouse con entusiasmo de converso á deriva ditatorial marcada polo chequista Bieito Lobeira.
E fíxoo co descaro de quen cre que pode comprarse á opinión pública co ouro das millonarias subvencións oficiais aos medios de comunicación afíns
Lonxe de rectificar unha imposición que ameaza con converter o idioma, ese galego entrañable respectado por todos, nun arma arreboladiza, o titular socialista da Xunta, o cada vez máis irrelevante Emilio Pérez Touriño, sumouse onte con entusiasmo de converso á deriva ditatorial marcada polo chequista Bieito Lobeira.
E fíxoo co descaro de quen cre que pode comprarse á opinión pública co ouro das millonarias subvencións oficiais aos medios de comunicación afíns. O titular do Goberno galego aproveitou a rolda de prensa posterior ao semanal Consello de Goberno para intentar responsabilizar ao PP da división social que xeran as iniciativas que apoia.
Pero se algo cabe achacar ao bipartito, por encima doutras múltiples ausencias, ignorancias ou erros, é a torpeza con que inventa un debate linguístico. Resulta sorprendente a dedicación con que Touriño e os seus colaboradores provocan unha confrontación tan absurda como inexistente ata fai ben pouco, nunha Comunidade na que se facía bandeira da convivencia harmónica das dúas linguas.
Quizais confuso polo trajín de maletas para os seis días de vacacións pagas que se regala desde hoxe en Iberoamérica -aos que os seus servizos de propaganda queren dar con todo un carácter oficial-, o responsable de parte do Goberno galego permitiuse a burla grotesca de falar de igualdade mentres apoiaba a marxinación aos comercios que declinen rotular exclusivamente nunha das dúas linguas oficiais que se falan en Galicia, precisamente na que se manexa con menos soltura, a pesar dos denodados esforzos do seu departamento de Política Lingüística.
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
|