|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
- “Nesta escola puidemos comprobar como Vigo é unha cidade na que se está a experimentar un gran cambio froito dun proxecto sólido encabezado por Abel Caballero”, afirmou a máxima mandataria das Xuventudes Socialistas de Galicia.
- “A renovación do partido pasa pola mocidade, pasa por vós, pola xuventude socialista galega, que debe recoller o testigo dos que estamos agora e seguir construíndo un proxecto socialista sólido e que siga tendo á persoa no centro das súa política”, sinalou o alcalde da cidade olívica.
|
|
|
 O alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausurou hoxe a escola de formación das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebrada esta fin de semana en Vigo.
No acto, que tivo lugar na sede do PSdeG-PSOE de Vigo, estivo acompañado polo secretario Xeral da agrupación local de Vigo, Xosé Manuel Gallego, a secretaria Xeral das XSG de Galicia, Dolores Rodríguez Amoroso e Patricia Rodríguez Calviño, secretaria Xeral das XSG de Vigo.
Dolores Rodríguez agradeceu, en primeiro lugar, o trato recibido durante toda esta fin de semana e sinalou que este tipo de eventos son exemplo de compromiso das XSG a prol da formación da mocidade. Así mesmo, lembrou que a agrupación local das XSG de Vigo foi unha das primeiras en constituírse alá polo 1904.
Rodríguez indicou tamén que “os mozos e mozas asistentes a esta escola puidemos comprobar como Vigo é unha cidade na que se está a experimentar un gran cambio froito dun proxecto sólido encabezado por Abel Caballero”.
A continuación tomou a palabra o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, quen agradeceu ás XSG que elixiran Vigo como sede para celebrar a súa escola de formación.
Caballero animou ás XSG “a loitar na representación e defensa dos dereitos da mocidade”.
Por outra banda, sinalou tamén “o bó momento político que está a vivir o socialismo democrático en España e en Galicia” e animou ós mozos e mozas á “seguir estando na rúa, na universidade, no movemento asociativo…, escoitando á mocidade galega e trasladando as súas demandas e reivindicacións”. Neste senso afirmou que “a renovación do partido pasa pola mocidade, pasa por vós, pola xuventude socialista galega, que debe recoller o testigo dos que estamos agora e seguir construíndo un proxecto socialista sólido e que siga tendo á persoa no centro das súa política”
Rematou así esta escola de formación, que tivo como tema central nesta ocasión o marketing e comunicación política e na que participaron preto de un centenar de mozos e mozas de toda Galicia.
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
|
Xornal
Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información
noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Concellos de Galicia ·
Enviar esta noticia a:

¿ Que e esto ?
· ¿ Titulares ?
Del Mundo
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil desde xornalgalicia.com en Formato RRS y Wap
|
|
|
|
| |
 |
| |
Nuestra iniciativa quiere que existan informaciones que no emanen de los gabinetes de comunicación de las grandes corporaciones públicas o privadas, que no son sucesos de obligada cobertura y que afectan a un gran número de personas, pero que en la mayoría de los casos no encuentran hueco en los medios convencionales. Pensamos que no sólo las malas noticias son noticia, que hay muchos hechos positivos e interesantes que merecen la pena ser conocidos.
Puede hacer sus comentarios o enviarnos una noticia a través de la:
Sala de Prensa
| |
|
Confidencial Xornal Galicia
|
|
| Donde estaría mellor invertido nestes intres o seu voto | Votar | | ¿Cre que mellorou Galicia con o novo goberno da Xunta? | Votar | | ¿Cre que o Goberno central fai algo a fabor do Goberno da Xunta? | Votar | | Cree que debería investigarse os gastos da Federación de Cofrarías | Votar | | ¿ A quen culpa de que non teñamos Estatuto ? | Votar | | ¿ Qué Consellería da Xunta funciona mellor ? | Votar |
|
|
|
|