Vertidos, encoros, minicentrais... É que ninguén respecta os nosos ríos? :: Xornal de Galicia news noticias y actualidad de Galicia La Coruña Lugo Ourense Pontevedra :: Noticias de galicia sin manipulación desde la primera hasta la última noticia
Xornal Galicia | News, Noticias, Prensa, Buscadores, buscar toda la información de Galicia :: Diario digital Gallego: todas las noticias de Galicia en la red
    Accesibilidad   discapacidad, diversidad funcional, discapacitados, ciego, ceguera, tetraplejia, paraplejia, psíquico, asociación, sordera, sordociegos, Auditiva, Visual, lengua de signos, Braille, minusválidos, enfermedad mental, accesibilidad, barreras, sensoriales, integración social, educación especial, inválido, invalidez
 
  [ El Tiempo ]  48 Horas |  Galicia | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |  Agenda | Fotos | Televisión | Mobiles | Videos [ Hoxe]|    Mas Vistas  Mapa Web   Compras   Empresas
  Inicio   Mundo  [ Buscadores ]  Internacional  Nacional  Economía  Sociedad  Cultura  Deportes   Marítima   Editorial   Entrevistas   Reportajes   Suplementos   Opinión  Ocio.
Versión  en gallego  [+] »  Versión  en Español  [+] »  Por cortesía de la Universidad de Vigo.
 
Denuncias
Vertidos, encoros, minicentrais... É que ninguén respecta os nosos ríos?
Xornal Galicia | Martes, 29 Abril, 2008 - 05:49
 
 
Os recentes vertidos de chapapote no Ulla e de gasóleo en Ourense poñen de manifesto a nula consideración que para algunhas empresas e administracións merecen os nosos ríos.  

Malia a terse aprobado en 2006 e por unanimidade a Lei para a Defensa dos Ríos Galegos, seguimos asistindo a reiterados episodios de contaminación, mesmo por parte de empresas públicas. Por outra banda, o estado segue a tramitar macroproxectos de encoros (gran Suarna e canóns so Sil), e a Xunta prevé dar a autorización definitiva a minicentrais tramitadas irregularmente durante a era Fraga. Se non respectamos os ríos non nos respectamos a nós mesmos/as!


A dous anos da aprobación por unanimidade no Parlamento Galego da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos Galegos, hoxe Lei 5/2006 de Defensa dos Ríos Galegos, o balanzo da súa aplicación é bastante pobre. Malia a recoller medidas específicas de control e millora da calidade das augas, seguimos constatando autorizacións para o desenvolvemento de actividades industriais de risco á beira dos cursos fluviais. Casos como o recente vertido de fuel no Ulla pola rotura dunha tubería da fatoría de Picusa, ou o máis grave do vertido de 50.000 toneladas de gasoil ao Miño por parte de ADIF, amosan a pouca consideración que para as administracións seguen a ter os nosos ríos.

No primeiro caso, os vertidos se substancias contaminantes debido a accidentes ou "incidentes" en empresas situadas á beira das canles son frecuentes e reiterados, chegando a poñer en risco a viabiliade ecolóxica e o subministro público de moitas bacías (lembremos a catástrofe no Umia polo accidente da BRENNTAG). E aínda así, séguense a autorizar actividades potencialmente contaminantes ao carón de espazos protexidos ou zonas sensíbeis, alén dunha manchea de polígonos industriais dos que falta o ptrimeiro que conte con depuradora propia. Deste xeito, no millor dos casos os vertidos e escapes van parar ao sistema de sunmidoiros, interferindo no funcionamento e mesmo sendo frecuente causa de avaría das depuradoras públicas. No pior... van directamente polo río abaixo.

O caso do vertido de ADIF ao Miño en Ourense é se cadra máis grave: a admimistración xa contaba dende o 2006 con informes que apontaban a estas instalacións como a principal causa da contaminación por hidrocarburos no río ao seu paso por Ourense. Estes vertidos discontinuos e escapes difusos xa eran pois coñecidos por ADIF, a CHN e Augas de Galiza. Como é posíbel que non se fixera nada ao respeito?

Polo que respeita a outro dos aspeitos chave da Lei 5/2006 de Defensa dos Ríos Galegos, os aproveitamentos hidroeléctricos, a cousa tampouco parece ter mudado moito. Novos e vellos proxectos de infraestruturas hidráulicas (macroencoro do Navia, proxectos faraónicos no canón do Sil) seguen chegando aos despachos das adnministracións, que tramitan como utilidade pública infraestruturas que só buscan o beneficio privado, a costa do noso patrimonio fluvial e por veces, subvencionado con cartos públicos. Tal é o caso dos proxectos de centrais de retorno no Sil, que bombean auga de noite con electricidade das nucleares para turbinala polo día, beneficiándose da subvención pola xeración de "kilovatios limpos". Encol das "minicentrais", e malia a terse paralizado a tramitación dun bo número de proxectos, hai preto de 40 aproveitamentos outorgados que aínda non están en explotación, algúns deles co prazo de execución xa vencido que non foron afectados polo decreto de suspensión e que en calquera momento poden meter unha pá no río para xustificar o inicio das obras, e agardar a que volvan millores tempos na Xunta.

Estes aproveitamentos concedidos e pendentes de execución poden portanto comezar a executarse en calquera momento. ADEGA esixe da Xunta de Galiza que investigue o estado destas concesións con vistas á apertura dos pertinentes expedientes de caducidade e que poña en coñecemento da Fiscalía as práticas "fraudulentas" dalgunhas destas empresas.

Outras minicentrais están a piques de ser perpetradas cos informes favorábeis de Augas de Galiza, malia a afectar a espazos da Rede Natura. É o caso da minicentral do Ramallal, no río Verdugo, promovida por Minicentrales del Verdugo S. L. Esta instalación, xunta co salto de Gaxate, no Oitavén, promovida por Hidroeléctrica de Pontevedra S. L. (que ten como administradores únicos a Antonio Vidal Pego, prófugo buscado dende setembro de 2005 pola Interpol e Luis Castro Valdivia, cuñado do ex-Director Xeral de Industria, Ramón Ordás Badía, imputados por delictos de tráfico de influenzas) están pendentes do Levantamento de Acta de Recoñecemento Final por parte de Augas de Galiza.

A instalación do Verdugo, modificou completamente o leito fluvial afectando a máis de 30.000 m2 do hábitat priorotario 91E0* "Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior", dentro do LIC Serra do Cando. Polo que respeita á instalación do Oitavén e igual que a anterior, malia a incumprir as Declaracións de Impacto Ambiental emitidas no seu momento pola Xunta, nos aspeitos relativos aos dispositivos de protección para a fauna piscícola, e a non teren aínda permiso definitivo, están xa turbinando dende febreiro deste ano.

ADEGA esixe de Augas de Galiza que non conceda o derradeiro permiso a estas instalacións e que revise as declaracións de impacto á vista dos flagrantes incumprimentos e afeccións aos hábitats protexidos, alén que poñer en coñecemento da fiscalía as presuntas irregularidades observadas nestes proxectos, que xa están a funcionar mesmo ante de ramatar a súa tramitación.



Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Añadir a Live Añadir a My Yahoo! Añadir a Wikio Añadir a google
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Añadir a Live Añadir a My Yahoo! Añadir a Wikio Añadir a google
Xornal Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información noticias y Actualidad las 24 horas
Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red
Recordar este sitio · · Concellos de Galicia ·

Enviar esta noticia a:

Add to BlinkList Digg It! Add to de.licio.us Add to Technorati Favorites Furl this! Add to Netvouz Simpify! Stumble It! Add to MyWeb Googlize This! Windows Live Favorites Agregar a Mister Wong Añadir a Menéame la noticia de galicia - A dimensión nacional de Galicia Añadir A Pizarra Web Start
   ¿ Que e esto ? ·   ¿ Titulares ? Del Mundo
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil desde xornalgalicia.com en Formato RRS y Wap
Usuario Skype:     
¿Qué es Skype?
 
 
 
Opciones
 Imprimir
 Enviar
Más leidas en otras secciones [+] »

Canales de noticias xml-rss
Noticias más leidas xml-rss
Última hora Xornal Galicia xml-rss -


Guía de servicios


Pdas Móviles Amena Orange Movistar Airtel


Nuestra iniciativa quiere que existan informaciones que no emanen de los gabinetes de comunicación de las grandes corporaciones públicas o privadas, que no son sucesos de obligada cobertura y que afectan a un gran número de personas, pero que en la mayoría de los casos no encuentran hueco en los medios convencionales. Pensamos que no sólo las malas noticias son noticia, que hay muchos hechos positivos e interesantes que merecen la pena ser conocidos.
Puede hacer sus comentarios o enviarnos una noticia a través de la:    Sala de Prensa


Todas las Noticias Hoy [+] »
Actualidad [+] »    Solo Texto [+] »  Más+vistas [+] »
Confidencial Xornal Galicia
Denuncias  [+] »   Corrupción  [+] »Videos [+] »
Subvenciones [+] »
De interés
Encuestas
Donde estaría mellor invertido nestes intres o seu votoVotar
¿Cre que mellorou Galicia con o novo goberno da Xunta?Votar
¿Cre que o Goberno central fai algo a fabor do Goberno da Xunta?Votar
Cree que debería investigarse os gastos da Federación de CofraríasVotar
¿ A quen culpa de que non teñamos Estatuto ?Votar
¿ Qué Consellería da Xunta funciona mellor ?Votar
Economía
· Los principales actores financieros coinciden en señalar que lo peor de la crisis ya ha pasado
· La FP absorbe el 45% de la demanda laboral en Canarias en 2007
Sociedad
· Supervivencia y calidad de vida de pacientes con cáncer de cuello y cabeza
· Bienestar Social convoca las ayudas para atención a menores y familias en riesgo

Imagen/Sonido | Viajes | Coches | Moda| Inmobiliaria | Informática  | Fotografía | Regalos | Belleza | Móviles | Azar | Entradas | Deportes
Desafío de Portos Pesqueiros »
Pesca promove os deportes náuticos entre os profesionais do Mar.

O departamento autonómico achega preto de 90.000 euros á iniciativa "Desafío de Portos Pesqueiros", impulsada pola Asociación Galega de Actividades Náuticas. Esta actuación inclúese nos proxectos de promoción sociocultural que financia a Administración pesqueira galega cunha achega superior ao millón de euros na convocatoria 2007-2008.”.....
Leer más

Xornalistas galegos
O novo decano dos xornalistas galegos alerta de que a información está cada vez máis desvirtuada.

O novo decano do CPXG lembrou que os profesionais teñen a “misión de garantir que haxa unha información veraz” e salientou que ás “desfeitas” non se lles pon remedio “se non se airean nos medios”......
Leer más

Produtos galegos »
Estudan a conservación de alimentos derivados do millo ecolóxico galego.

Analizaranse parámetros de cultivo do gran e técnicas de envasado para revalorizar e levar ao mercado produtos feitos con millo, a investigación comeza nas rutinas do cultivo, na influencia da variedade usada, da data de recollida, das condicións ambientais e do método de conservación. O proxecto, conta coa colaboración de Misión Biolóxica de Galicia..
Leer más

Bienvenido a Asociación Punta da Senrreira Tu apoyo como socio/a nos harán más fuertes. Podremos trabajar con mayor eficacia por la consecución de nuestros objetivos.
  • Inicio
    Conexión y alta de Socios
  • Asociarme.

  •        Añadir A Pizarra Web Start  Añadir a Google la noticia de galicia - Noticias de Galicia    Añadir a Menéame la noticia de galicia - Noticias de Galicia  ·  Añadir a Digg Dimensión Nacional la noticia de galicia - Noticias de Galicia  ·   Añadir a Del.icio la noticia de xornal galicia - galicia - Noticias de Galicia  ·   Añadir a Technorati la noticia de xornal galicia - galicia - Noticias de Galicia  ·  Añadir a yahoo la noticia de xornal galicia - galicia - Noticias de Galicia · ¿ Que e esto Añadir a yahoo la noticia de xornal galicia - galicia - Noticias de Galicia | Cine  ONCE  Quiniela  Primitiva  B-Loto  Loteria  El Gordo  Amistad  Horóscopo
     XornalGalicia.com no Mundo  Usuario | Registrarme | Recuperar contraseña    Acceso Clientes | Periodistas en Practicas | Sala de Prensa | Recursos Periodistas | Viajar
    Inicio Buscador    Directorio   Galicia | Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra    Guía telefónica España · Callejero   Guía de Empresas  ¡Haga de Xornal Galicia su página inicial!
    [ Música Axenda Xuvenil ]  Quienes Somos  |  RSS News Feeds  |  Ayuda  |  Guía de servicios  |  Contacto |  Política de Privacidad  |  Publicidad  |  Alertas|  
    www.XornalGalicia.com  | Accesibilidad |  Noticias  Novas  News www.xornalgalicia.es www.IndiceSiete.com   Mapa Web  Buscar noticia  Edición en Gallego

    Xornal Galicia ·   © Copyright · Indice Siete ·   Depósito legal TF.1037/200-Todos los Derechos Reservados.All Rights Reserved.   Grupo Indice ©      Estadísticas