Información

Mar Sánchez Sierra. Manda máis que calquera dos conselleiros e ocupa na sombra o lugar de Alfonso Rueda.

Información
11 Febrero 2019

Sánchez, intervindo ante Feijóo e outros membros do seu gabinete na súa toma de posesión en 2012 © Conchi Paz"Contrólao todo", explican fuentes populares sobre a relevancia de Mar Sánchez Sierra en la Xunta de Galicia. "Manda máis que calquera dos conselleiros", se hace su voluntad. “Nunca vin nada igual. Non se publica unha crítica”, constata un veterano do PP. son solo algunas de las informaciones sobre el caracter y poder de decisión política e institucional en la Xunta de Mar Sánchez Sierra.

Manda máis que calquera dos conselleiros. E se o seu poder se mide polo respecto que lle teñen os que se sentan nos consellos da Xunta o da secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra pode superar o do vicepresidente, Alfonso Rueda. “Mar contrólao todo”, explican fontes populares sobre a relevancia desta coruñesa nada en 1969 e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra. “Na práctica ela é a número dous da Xunta desde o comezo, pois ninguén tivo o seu nivel de influencia transversal”, sinala un gran coñecedor de como se moven os fíos de San Caetano. “Cando Alfonso (Rueda) dirixía o partido en Galicia había un contrapeso con Mar, mais desde que está en Pontevedra, penso que xa non é así”, apunta un dirixente popular en referencia aos cambios que houbo en 2016 na estrutura do PP galego. Hai, aínda, unha interpretación máis matizada e seica máis asisada, emitida a partir de moitos lustros de observación da figura de Feijóo: “Mar e Alfonso están en pé de igualdade para Alberto. Todo depende do asunto de que se trate”.

"Contrólao todo", explican fontes populares sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios

Desde que nos anos 90 chegou ao gabinete de comunicación da Consellería de Sanidade dirixida por José Manuel Romay Beccaría, a traxectoria de Sánchez Sierra fundiuse coa de Feijóo, xa que coma el marchou a Madrid en 1996, ao Ministerio de Sanidad. Cando en 2000 o agora presidente do Goberno galego pasou á presidencia de Correos, ela asumiu a dirección de comunicación. Despois foi ocupando ese posto en todos os sucesivos destinos do dos Peares, na Consellería de Política Territorial, na executiva do PP e na Xunta, primeiro como directora xeral, por debaixo en teoría de Alfonso Cabaleiro, e xa desde 2013 como secretaria xeral de Medios. Non hai ninguén máis que acompañase a Feijóo nestes máis de vinte anos de éxitos. E crese que se consegue dar o salto a Madrid como substituto de Rajoy, Sánchez Sierra será a primeira persoa en ir con el.

Politicamente Feijóo é un discípulo de Romay, unha de cuxas maiores habilidades foi a de propagandista, aprendida xa nos anos 70 da man de Manuel Fraga. Cando ao chegar á Xunta o de Vilalba lle encargou a pataca quente que era a Consellería de Agricultura tras os salvaxes incendios do tempo do tripartito, mentres puña en marcha o xigantesco dispositivo que existe hoxe, Romay restrinxiu ao máximo posible a información sobre os lumes e converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Despois repetiu o mesmo esquema en Sanidade.

Alén do carácter máis que estratéxico que a comunicación ten para o dos Peares, o outro factor que explica o poder de Sánchez Sierra ten que ver co seu hiperpresidencialismo, maior que o de Fraga

Alén do carácter máis que estratéxico que a comunicación ten para o dos Peares, o outro factor que explica o poder de Sánchez Sierra ten que ver co seu hiperpresidencialismo, maior que o de Fraga. Con conselleiros na súa gran maioría irrelevantes, as grandes liñas fíxaas Feijóo, que gusta de ocuparse dos asuntos principais, o que multiplica o papel da primeira dos seus asesores. A forma de traballar parécese máis á dun sistema presidencial como o norteamericano. E na Ala Oeste de San Caetano, como a da serie de TV, Sánchez Sierra non só fai de C. J. Cregg, a secretaria de prensa, senón tamén, á súa maneira e salvando todas as distancias, de Leo McGarry, o xefe de gabinete. Este posto da Casa Branca equivale ao dun primeiro ministro nun sistema semipresidencial como o francés, se non hai cohabitación, ou ao dun vicepresidente nun parlamentario como o galego.

O 17 de setembro de 2013 interveu na comisión primeira do Parlamento a secretaria xeral de Medios, que respondeu a unha pregunta da deputada do BNG Montserrat Prado sobre a súa política, por mor da discriminación nas axudas públicas ao semanario Sermos Galiza. Aínda que contestou algunha outra cuestión, en ocasións por escrito, Sánchez Sierra ficou bastante fóra do radio de acción da oposición, froito da discreta habilidade da primeira para pasar desapercibida e do despiste da segunda, pois hai deputados que non saben quen é ou só identifican vagamente a súa función. Esa invisibilidade marca unha gran diferenza co principal encargado da propaganda nos gobernos de Fraga, Jesús Pérez Varela, caricaturizado por Xosé Manuel Beiras como “o pequeno Goebbels” e célebre polos seus antecedentes de ultradereita, ou co máis famoso dos que fixeron esa función no bipartito, o xa entón destacado tertuliano Antón Losada.

Sánchez Sierra ficou bastante fóra do radio de acción da oposición, froito da discreta habilidade da primeira para pasar desapercibida e do despiste da segunda, pois hai deputados que non saben quen é ou só identifican vagamente a súa función

O recordo do estilo de Losada, nun goberno que prometía traer o cambio democrático á Xunta, é axitado polos que xustifican as prácticas actuais, para concluír que non son nin moito menos o peor que se viu e que, en calquera caso, están dentro dos parámetros tradicionais da Galicia autonómica, sempre pouco propicios para o exercicio da liberdade de expresión. Mais Losada apenas dirixía a política informativa de tres consellerías sobre un total trece e fíxoo durante dous anos. En troques, Sánchez Sierra, que centraliza a propaganda de todos os departamentos da Xunta, tivo xa nove anos para consolidar o seu modelo de comunicación institucional

“Nunca vin nada igual. Non se publica unha crítica”, constata un veterano do PP. Incluso os que na Xunta critican os métodos da secretaria xeral, eloxian os resultados do seu labor, que se ten intensificado tras a terceira maioría absoluta, seica por interpretar o espectacular resultado electoral do PP de 2016, co 47,6% dos votos, como o dun plebiscito de adhesión ás políticas de Feijóo. Vese ben no sector público. Nesta lexislatura a TVG xa non ten nin un debate político en horario non lectivo, pois só os hai no matinal Bos Días, o que é unha versión adaptada ao presente da práctica de Fraga de poñelos na mañanciña. Só a TVG2 emite os xoves de noite A Crónica dunha Radio Galega na que se reforzaron as opinións favorables á Xunta. Desde 2017 a CRTVG converteuse nunha especie de “ABC falado”, pois os profesionais e comentaristas deste xornal, ou saídos del, controlan a información política, malia a posición moi minoritaria no mercado galego dese diario conservador. No sector privado un bo exemplo foi o da vaga de lumes de 2017, cando a maior parte dos medios asumiron as teses de Feijóo sobre un suposto ataque de terrorismo incendiario. Porén, na Secretaría Xeral de Medios aseguran que non se trata ben á Xunta.

Aínda que a oposición non se lembre moito dela, Mar Sánchez acode cada quince días ao Parlamento, para seguir desde a tribuna as preguntas dos portavoces ao seu xefe. A diferenza dos seus homólogos dos outros partidos, ela adoita tomar café na sala de prensa cos xornalistas, o que aproveita para indagar e comentar como van enfocar a sesión. Mais o momento decisivo para os profesionais que se dedican á información política en Galicia chega no Nadal, cando a secretaria xeral envía polo móbil unha mensaxe na que invoca á protección do neno Xesús. Quen a deixa de recibir sabe así que caeu en desgraza. Aínda que sexa individualmente para cada interesado, a mensaxe supón un exercicio de transparencia en relación coa lista de xornalistas mal vistos.

Fuente de la Noticia; https://web.archive.org/web/20190211160902/https://praza.gal/politica/mar-sanchez-a-vicepresidenta-na-sombra

 

lineaazul 1600

lineaazul 1600

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.

lineaazul 1600

COMPROMISO POR GALICIA PROPON UNHA “ROGA” DE PARTIDOS GALEGOS PARA O #28A.

TRASLADAREMOS A PROPOSTA A BNG E TAMÉN A EN MAREA. A Comisión Executiva Nacional e o Consello Nacional de Compromiso por...

Os boitres sobrevoan a Seguridade Social. Por Victoria Portas

Que si a Seguridade Social non é sostible, que si as pensións non se poden subir por IPC, que si...

Un estudio geológico en el Solar da Insua advierte de graves inundaciones caso de continuar con la obra del Centro Socia…

Un estudio geológico de fecha 19 del 10 de 2018 al que ha tenido acceso Xornal Galicia realizado por Enmacosa...

A USC fai negocio coa precarización

A VALEDORA DO POBO DESMONTA AS ESCUSAS DO EQUIPO DE GOBERNO. A Comisión da Transparencia de Galicia -adscrita ao Valedor do...

GONZALO CABALLERO CRE QUE A FEIJÓO “NON LLE GUSTA DE REPENTE” AS ELECCIÖNS

O secretario xeral sinala a Ciudadanos como “o novo respaldo da ultradereita” para chegar ao poder, tras amosarse “só disposto...

O papel das deputacións na IV conferencia de presidentes de gobernos provinciais

Neste cumio, impulsado en 2014 por Manuel Baltar, que se celebra en Granada, os representantes provinciais debateron sobre a asistencia...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

Una empresa vasca ha creado un negocio que modifica la forma de disfrutar de una pensión...

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e cinco...

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo finalizou a investigación sobre a presunta...

lineaazul 1600

"Fascistas" ou "PP fose da sé" foron algunhas de consígnalas coreadas contra a comitiva de Feijóo e …

Un grupo de manifestantes increparon e abuchearon este xoves en Vigo ao presidente do PP, Pablo Casado, e ao presidente...

Entre la salsa y el salsero...Así se podría catalogar la "recusación" firmada por Alfonso Rueda sobre la aseso…

Una de las cosas más divertidas que nos hemos encontrado al navegar diariamente por webs de la Xunta y institucionales...

Mar Sánchez Sierra podría estar mezclando su labor institucional de la Xunta con Feijóo para Mítines y Manifestaciones d…

Mar Sánchez Sierra, miembro también de la ejecutiva del PP gallego.-  Lo graba todo, lo revisa todo y cada poco...

Mar Sánchez Sierra Secretaria de Medios desempeña una gestión muy opaca como Patrona de la Fundación Pública Camilo Jose…

María del Mar Sanchez Sierra ejerce desde el año 2013 como Patrona de la Fundación Camilo José Cela cuyas actuaciones...

¿Por qué debes realizar una reforma integral?

Llevar a cabo la reforma integral de una casa se trata de una decisión de...

La vuelta de los juegos clásicos

Juegos como el bingo, los juegos de cartas o la ruleta han estado presentes en...

Consejos de cerrajería: mejorar la seguridad de tu hogar de forma asequible

Como Cerrajeros en Madrid y muy especialmente debido a nuestro servicio como cerrajeros de urgencia...

Elige la mejor plataforma. Garantiza la calidad del producto

Los usuarios del mundo digital en ocasiones se encuentran abrumados por la cantidad de opciones...

Clínica Dental Urbina, cuida de tu boca a pocos pasos del centro de Salamanca

Para muchos, ir al dentista es un trámite por el que no les gusta pasar...

La televisión en alta definición en Galicia y en España

"Samsung curved Ultra HD TV at CES 2014"  (CC BY 2.0) bychrisf608 En Galicia apenas llegó la televisión...

lineaazul 1600

OS SOCIALISTAS PRESENTAN A PEDRO SÁNCHEZ COMO A “ÚNICA POSIBILIDADE DE FREAR A REGRESIÓN SOCIAL” QUE BUSCAN AS DEREITAS

Xoaquín Fernández Leiceaga insta unha mobilización progresista masiva e “sen...

CONTACTOS/PACTOS/ELECCIONS XERAIS

Depois de ver o "espectáculo" lamentable que levamos dando desde...

CxG XUNTA EN SAMOS Á EXECUTIVA NACIONAL ANTE O NOVO RETO ELECTORAL DE ABRIL.

CxG TRATOU EN SAMOS O ADIANTO ELECTORAL PARA O 28...

ESQUERDA UNIDA APOSTA POR RESCUPERAR A UNIDADE POPULAR EN GALICIA

Ante o vindeiro proceso de eleccións xerais os sectores da...

lo mas visto tendencias virales xornal galicia

Paula Prado pretende "vender a moto con un comunicado feito a medida para os medios huntados con cartos públicos" coa concesión da mina de Touro entregada e orquestada polo PPdeG que ela mesma representa. ....+
O Alcalde de Ordes Sr José Luis Martínez Sanjurjo, do Grupo Popular de Galicia facilita licencia de explotación gandeira presuntamente en condicións preferentes ao fillo de Rosa Quintana.. ....+
Una granja en ruinas, ubicada en Ordes y de la que apenas quedan en pie los cimientos y un deteriorado cuadro eléctrico, era el destino de la subvención que Medio Rural concedió al hijo universitario de la conselleira de Mar, Rosa Quintana ....+
OS SOCIALISTAS ESIXEN EXPLICACIÓNS POLO “PRESUNTO TRATO DE FAVOR” NA CONCESIÓN DE AXUDAS FEADER AO FILLO DA CONSELLEIRA DO MAR ....+
El hijo de Rosa Quintana exconselleira del Medio Rural e do Mar gestiona negocios y subvenciones públicas "sin licencias" bajo la Consellería que lideró su madre de Medio Rural e do Mar según publica Economía Digital. ....+
Leiceaga pide reactivar a Comisión de Estudo contra a Corrupción, para situar a Galicia na “primeira liña da loita contra a corrupción” e pillar de unha vez por todas a Feijóo. ....+
La FALSA IMAGEN de Feijóo "confeccionada con millones de euros a dedo de dinero público" por los principales medios de comunicación de galicia. ....+
La Morada Atlántica con cenas de 6.000 euros para Susana Rodríguez Carballo y sus afines del PdeG, alcalde de Laracha y el Jubilado Evaristo lareo, receptor y pagador del festín en un Rte de Caión. ....+
José Manuel Lopez Varela, oculta sus fracasos perniciosos y reiterados intentos sobre el solar de 15.000 metros y sigue anunciando a bombo y platillo el "pelotazo" en Caión acompañado de su "socio" Evaristo lareo Viñas. ....+
José Manuel López Varela y Evaristo Lareo han intentando "estafar fondos públicos" utilizando el GALP3 y el Concello de Laracha en beneficio personal y privado con auto-adjudicaciones ilegales. ....+
Exclusiva Xornal Galicia.- Alberto Núñez Feijóo, "da alas" acompañado de, Beatriz Mato (trama Azetanet), junto a #xulioferreiro "intimo del líder del presunto fraude las banderas azuis" presiden o acto el de entrega das Bandeiras Azuis 2018. Nas Escravas ....+
Rosa Quintana ya regaló otra "tajada" de fondos europeos para el Jubilado de Caión y destinados a pagarse sus propias dietas, comilonas ....+
El Gobierno de Feijóo en la Xunta estuvo durante años "UNTANDO" con fondos públicos el entramado PESCANOVA ....+
Denuncian que o PPdeG na Xunta protexe a Mina de Touro tras recibir "mordidas ou sobres en B" ....+
El Vicepresidente del Parlamento de Galicia @DiegoCalvo utilizó el dinero de la Diputación de A Coruña para montarle un chiringuito a #Feijóo ....+
La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ....+
Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros ....+
Rafael Millán Calenti utiliza querellas para intentar paralizar y censurar documentos públicos ....+
La USC y UDC remite falsos enlaces a la Comisión de Transparencia de Galicia sobre los hermanos Millán Calenti y CICA-INIBIC. ....+
El Hijo de Rosa Quintana, usa el sello IGP de origen protegida de Ternera Galega para venderla como NOVILLO ARGENTINO ....+

lineaazul 1600